Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Teresa Pérez, concelleira de Cultura de Salceda - Programación de verán
    Máis de 40 actividades conforman a programación do Verán cultural e das Festas do Cristo en Salceda que comeza este venres e se vai prolongar ata o 16 de xullo.
    Cun orzamento de 50 mil euros inclúe un amplo abano de actividades a desenvolver no Parque Raíña Aragonta, o Parque da Gándara, a Casa da Cultura Castelao, o Auditorio Municipal, o recinto do CEP Altamira e a Praza do Concello.
    A primeira cita é xa esta fin de semana coa Feira Medieval organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (ACISA). Falounos da mesma Teresa Pérez, concelleira de Cultura.
    7 min
  • Ent. Bea González, pta. ANPA Guillarei - Festa Solidaria Anubis
    A discoteca Anubis acolle este sábado, 30 de xuño, a partir das 23h a Festa Solidaria a favor dos afectados pola explosión de Paramos. Bea González, presidenta da ANPA de Guillarei, daba conta dos artistas que participan este sábado na festa e explicaba que tanto o importe íntegro da entrada – 5€- como parte das consumición son para os afectados
    Teñen prevista outra festa solidaria o 14 de xullo na discoteca Queen.
    7 min
  • Ent. Fátima García de Chirlomirlo - Campamento de verán
    As instalacións do CEIP de Randufe son o escenario no que dende o pasado venres e durante todo o verán se desenvolve o Campamento de Verán centrado no circo a cargo de Chirlomirlo. Fátima García, unha das responsables desta actividades, explicou que o campamento se desenvolve de 9 a 14h pero ofertan tamén aula matinal e comedor. Vai dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Pódese asistir todo o verán, un mes, unha quincena, unha semana ou días soltos. Os interesados poden ampliar a información no 685 960 380 ou no propio CEIP de Randufe.
    4 min
  • Ent. Oscar, Bombeiros do Porriño - Venda de camisetas solidarias
    Os bombeiros do Consorcio Provincial de Bombeiros estarán mañá xoves no mercadiño de Tui, na praza da Inmaculada, vendendo camisetas solidarias cos afectados pola explosión de Paramos. O martes estiveron xa no mercadiño do Porriño e onte estiveron en Salceda. Óscar un dos bombeiros explicaba coma xurdiu esta iniciativa “Bombeiros coa zona cero”, nunha catástrofe que viviron dende o primeiro momento.
    5 min
  • Ent. Bea González - Festa solidaria en Anubis e Queen
    Este sábado, 30 de xuño, ás 23h celebrarase na discoteca Anubis de Tui unha festa solidaria . A entrada custará 5€, e se sorteará unha tatuaxe. Xa 14 de xuño en Queen haberá outra festa solidaria.
    Falounos destas citas Bea González, presidenta da ANPA de Guillarei.
    2 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…