Con letras xigantes formando a frase “Stop Xenocidio”, o Espazo Fortaleza de Goián acollerá este sábado, dende as 11.00 h, un acto solidario en repulsa ao xenocido do pobo palestino. Unha cita na que, amais da formación deste mosaico humano, haberá actuacións musicais e intervencións nunha xornada que busca ser un grito pola vida, a liberdade e en defensa dos dereitos humanos.
Conversamos hoxe con Moncho Leal, de Baixo Miño con Palestina, asociación coorganizadora do evento xunto ao Concello de Tomiño.