Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Loreto Aramendi, titular do órgano da Basílica de Santa Mª do Coro de San Sebastián | Concerto na Catedral de Tui
    Un concerto moi corido cun repertorio principalmente Barroco será o que ofrecerá este domingo, ás 18 h na Catedral Loreto Aramendi, titular do órgano da Basílica de Santa María do Coro de San Sebastián. Este evento pechará o ciclo 8CentosPés que se está a desenvolver co gallo do 800 Aniversario da Consagración da Catedral de Tui. Con ela falamos hoxe.
    6 min
  • Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Claudia Montes de Altitude | Andainas deportivas da Eurocidade
    Gran acollida teñen as andainas e camiñas saudables da Eurocidade Tui-Valença, que se desenvolven a unha e outra beira do Miño. Este domingo percorrerán a senda do río Furnia en Pesegueiro, nunha actividade que ten xa todas as prazas cubertas.
    A primeira destas andainas tivo lugar o 22 de marzo polo Trilho de San Gabriel en Valença, este domingo será a do río Furnia, o 10 de maio o Trilho da Cascata da Grova, e o 7 de xuño a do río Tripes de novo en Tui. Continuarán logo nos meses de setembro, outro, novembro e decembro. Daba os detalles Claudia Montes de Altitude. En tui.gal está toda a información.
    Hoxe déronnos todos os detalles destas actividades o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, e Claudia Montes de Altitude.
    8 min
  • Ent. Carlos Fernández Bollo, organista da Catedral de León | Concerto na Catedral de Tui no ciclo 8CentosPés
    Carlos Fernández Bollo, organista titular da Catedral de León, será esta tarde, ás 20 h, o encargado de abrir o ciclo 8CentosPés na Catedral de Tui, cun concerto de órgano centrado na música de Bach, cunha viaxe arredor do ano litúrxico.
    Este é o primeiro dos tres concertos que esta semana se van a celebrar na Catedral co gallo da conmemoración do 800 aniversario da consagración da Catedral.
    9 min
  • Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc | Cinema galego
    Nunha semana, o próximo mércores, comezará Play Doc 2026. Un festival que abre cada ano unha ventá ao mundo a través do cinema, pero que en cada edición mantén un firme compromiso co cinema galego. Así será de novo coas 9 películas que se proxectarán en Competición Galicia, pero tamén cunha mirada ao pioneiros do cinema galego a través da figura de Rafael Luca de Tena. Así nolo contou Ángel Sánchez, codirector do festival. Tamén o cinema que chegará o próximo ano estará presente no apartado "Coming Soon" con "Todo é cárcere" de Eloy Enciso, "De túa man para a miña" dirixido por Fran Rodríguez Casal e Coral Piñeiro, e A terra das viúvas dos vivos, de Melanie Pereira.
    10 min
  • Ent. Ángel Sánchez, codirector | Play Doc 2026
    O Teatro Municipal de Tui será un ano máis a sede principal de Play Doc, Festival Internacional de Cinema de Tui, aínda que as actividades terán lugar tamén noutros espazos como a Sala 2 no Seminario Menor, e no Espazo Sociocultural e a igrexa de San Domingos acollerán tamén outras iniciativas.
    Así nolo explicou hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, quen indicaba que en play-doc.com está toda a información do programa previsto.
    9 min
  • Espazo Comercio | Campaña do Día da Nai
    ACITUI ten en marcha unha nova campaña promocional do comercio local, neste caso, co gallo do Día da Nai. Até o 3 de maio as persoas que realicen compras por importe superior a 20€ recibirán unha participación para entrar no sorteo de 5 vales de compra por importe de 30€ para consumir no comercio local. Así nolo contou hoxe o presidente de ACITUI, Pepe Míguez.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…