Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Espazo Comercio | Carlos González, de Carlos Joyero
    Carlos Joyero é unha xoiaría con 12 anos de historia en Tui, na rúa Betanzos, que conxuga tradición e modernidade a través das xoias.
    Hoxe coñecemos este establecemento co seu dono, Carlos González, nunha conversa no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI.
    6 min
  • Ent. José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos | Maio solidario
    A fin de semana do 8 e 9 de maio a Fundación Provincial Banco de Alimentos levará a cabo en Tui, no supermercado Gadis, a súa campaña Maio solidario, en colaboración con SOS Tomiño Baixo Miño. Serán 25 as persoas voluntarias que participarán nesta operación quilo.
    José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos, daba conta hoxe dos produtos que máis necesitan.
    8 min
  • Ent. Roi Fernández - Estrea Ursúas en Play Doc
    Este mércores, ás 22.30 h, no Teatro Municipal, na primeira proxección de Play Doc estrearase Ursúas, a película do realizador coruñés afincando en Tui, Roi Fernández.
    Unha película que el mesmo define coma unha deriva, que mestura diferentes liñas narrativas, entre ficción e documental e que é froito de moitos anos de traballo. Así nolo contaba hoxe, explicando tamén de onde ven o seu nome.
    11 min
  • Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Entradas e actividades formativas
    En play-doc.com están xa a dispoñibles as entradas para as distintas actividades que dende este mércores e até o domingo se van celebrar dentro da programación de Play Doc, o Festival Internacional de Cine de Tui. Dende o mércores tamén se poderán adquirir no Teatro Municipal.
    Ángel Sánchez, codirector do festival, recomendaba hoxe mercar de xeito anticipado as entradas para Cinema Percorrido e as proxección con música en directo na igrexa de San Domingos, polo limitado do aforo.
    Amais repasou tamén as propostas formativas desta edición.
    6 min
  • Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Cinema portugués
    Play Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui, tende cada ano ponte cinematográficas en cada edición, unha desas ponte cruza o Miño para achegarnos ao cinema portugués. Este ano como novidade porán o foco en Maureen Fazendeiro, e amais dedicarán unha das retrospectivas ao cineasta Eduardo Coutinho. Así nolo contaba hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, no programa especial Ponte nas Ondas que realizamos dende Valença.
    8 min
  • Especial Ponte nas Ondas - IES San Paio
    O IES San Paio na súa proposta para esta xornada especial de Ponte nas Ondas reflexiona sobre o 25 de abril. Así nolo contaron Iria e Adrián, alumnado do IES San Paio, no programa especial que hoxe realizamos dende Valença. Contaráronnos o traballo que realizaron para o podcast que desenvolven no instituto e que hoxe presentaron en Ponte nas Ondas.
    6 min
  • Especial Ponte nas Ondas - IES Indalecio Pérez Tizón
    O IES Indalecio Pérez Tizón é un dos centros que participa dende Valença na xornada especial de radio que realiza Ponte nas Ondas. No programa especial que realizamos dende Valença contamos co profesor Alberto Valverde, quen nos explicou a intervención que ía realizar o alumnado sobre "Contrabando e trapicho".
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…