José Cordal, Ramón Pérez, Severo Boente, Leoncio Muíños, Modesto Barreiros, Antonio Dalmiro e Manuel Fernández foron asasinados en 1936 e enterrados nunha fosa común en Soutelo, en Salceda de Caselas. Case 90 anos despois a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño O Condado e A Louriña acaba de finalizar a exhumación do lugar, onde foron atopados dous dos sete corpos.
Fernando Serrulla, antropólogo forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia explicou cales son os seguintes pasos na investigación.