Cinco visitas guiadas e unha conferencia conforman a programación da terceira edición das visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio”, organizadas polo Instituto de Estudos Tudenses en colaboración co Concello de Tui.
O programa abrirase o próximo luns, 14 de xullo, ás 20 h cunha ruta literaria pola cidade histórica de Tui a cargo da escritora Marga do Val, que comezará no miradoiro da Alameda tudense.
Rafael Sánchez Bargiela, secretario do Instituto de Estudos Tudenses deu hoxe os detalles.