Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc | Cinema galego
    Nunha semana, o próximo mércores, comezará Play Doc 2026. Un festival que abre cada ano unha ventá ao mundo a través do cinema, pero que en cada edición mantén un firme compromiso co cinema galego. Así será de novo coas 9 películas que se proxectarán en Competición Galicia, pero tamén cunha mirada ao pioneiros do cinema galego a través da figura de Rafael Luca de Tena. Así nolo contou Ángel Sánchez, codirector do festival. Tamén o cinema que chegará o próximo ano estará presente no apartado "Coming Soon" con "Todo é cárcere" de Eloy Enciso, "De túa man para a miña" dirixido por Fran Rodríguez Casal e Coral Piñeiro, e A terra das viúvas dos vivos, de Melanie Pereira.
    10 min
  • Ent. Ángel Sánchez, codirector | Play Doc 2026
    O Teatro Municipal de Tui será un ano máis a sede principal de Play Doc, Festival Internacional de Cinema de Tui, aínda que as actividades terán lugar tamén noutros espazos como a Sala 2 no Seminario Menor, e no Espazo Sociocultural e a igrexa de San Domingos acollerán tamén outras iniciativas.
    Así nolo explicou hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, quen indicaba que en play-doc.com está toda a información do programa previsto.
    9 min
  • Espazo Comercio | Campaña do Día da Nai
    ACITUI ten en marcha unha nova campaña promocional do comercio local, neste caso, co gallo do Día da Nai. Até o 3 de maio as persoas que realicen compras por importe superior a 20€ recibirán unha participación para entrar no sorteo de 5 vales de compra por importe de 30€ para consumir no comercio local. Así nolo contou hoxe o presidente de ACITUI, Pepe Míguez.
    5 min
  • Ent. Dámaso Rodríguez, peregrino | Cruzando Camiños
    O tudense Dámaso Rodríguez estaba esta mañá cruzando os montes de León en dirección a Molina Seca. A través de diferentes Camiño de Santiago está a percorrer o traxecto entre Alcalá de Henares e Tui na iniciativa Cruzando Camiño. Hoxe contounos como xurdiu esta iniciativa, e como está a ser esta experiencia. Ten previsto chegar a Tui entre o 8 e o 10 de maio.
    8 min
  • Ent. Felicitas Iglesias, da Asociación Párkinson Baixo Miño | Día Mundial do Párkinson
    Este venres 24 ás 19 h a Asociación Párkinson Baixo Miño conmemora o Día Mundial do Párkinson cunha xornada musical no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.
    Actuará alumnado do Conservatorio e Escola de Música Municipal de Tui; o grupo de canto do CEIP Nº1; o coro da Lúa do CEIP Nº2; e o coro infantil do CEIP Pazos de Reis.
    Felicitas Iglesias, da Asociación, explicou hoxe a importante implicación dos nenos e nenas nun día coma este, así como das familias.
    9 min
  • Ent. Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas | Roteiro "A lingua das aves"
    Este sábado ás 9 h celébrase no viveiro forestal de Areas a primeira edición do roteiro “A lingua das aves”, organizado pola Comunidade de Montes. Neste roteiro colaboran Biophilia Axencia Ambiental e El Naturalista Cojo, e é gratuíto para persoas comuneiras e familiares. O prezo para non comuneiros é de 10€.
    Deu hoxe os detalles Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas.
    5 min
  • Ent. Eva Gándara, da ANPA Atalaia; e Xulio Carmona, enfermeiro | Charla "Desconectar para conectar"
    Hoxe ás 18 h o Salón de Plenos da Casa dos Alonso, na Guarda, acolle o faladoiro “Desconectar para conectar”, que organiza a ANPA Atalaia. Abordará a dependencia dixital, enfocándose no impacto das pantallas e novas tecnoloxías na infancia e adolescencia.
    Estará impartida polo enfermeiro Xulio Carmona, enfermeiro de saúde mental e experto en adiccións tecnolóxicas; ademais, é activista de Adolescencia Libre de Móbiles.
    Hoxe déronnos a información Eva Gándara, da ANPA Atalaia; e Xulio Carmona, enfermeiro.
    11 min
  • Ent. Valentín Carrera, escritor | Presentación do libro "El Mundo desde abajo"
    A primeira viaxe a Australia do tudense Rosendo Salvado centra o libro "El mundo desde abajo" de Valentín Carrera, polo que obtivo o premio Altaïr de literatura de viaxes. Hoxe ás 20 h no Espazo Sociocultural preséntase este libro, nun acto no que intervirá o alcalde, Enrique Cabaleiro, e no que Valentín Carrerá manterá unha conversa co historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela.
    Con Valentín Carrera falamos hoxe deste libro e da viaxe de Salvado.
    7 min
  • Ent. Natalia Lago | Rutas de A Fada do Aloia
    A Fada do Aloia organiza para esta fin de semana dúas rutas. Serán "O son da auga" mañá sábado ás 16 h e "Quen canta aí" o domingo ás 11 h. O prezo para cada unha delas é de 8€ infantil e 10€ adultos, e a reserva de praza debe facerse no 619 96 90 90.
    Natalia Lago, A Fada do Aloia, explicou como serán estas dúas rutas.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…