A motonáutica será protagonista esta fin de semana en Tomiño. Mañá sábado, a partir das 10.30 h, dispútase no río Miño, na praia de Goián, a cuarta proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, na que participarán unha ducia de equipos coma explicaba Carlos Estévez, tesoureiro da Real Federación Galega de Motonáutica.
Amais, hoxe, ás 16.00 horas realizarase un curso para a obtención da licenza de navegación en Goián.