Este domingo, día 24, terá lugar a tradicional Concentración Cabalar de San Bartolomeu, un encontro que reúne a xinetes, amazonas e amantes do mundo ecuestre nun ambiente festivo e familiar.
Dende ás 8 h comezará o programa de actividades no que haberá espectáculos ecuestres coma o Reality Show, xunto a Aires de Romero e Experiencia Pura Vida Ecuestre. Outorgarán premios especiais que poñerán en valor a elegancia, a destreza e a boa presentación de participantes e animais.
Así nolo contou hoxe Marcos González de Hípica Marcos