Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,270 episodes available.
October 03, 2025Ent. Victoria Pérez, de Redrum Teatro | "Os contos do Lobicán"Hoxe venres ás 19 h continúa a programación de outono no Teatro Municipal de Tui cunha proposta para público familiar. Redrum Teatro presenta "Os contos do Lobicán". As entradas están á venda en tui.gal a 4€ e 3€ até dez minutos antes da función. Hoxe coñecemos máis detalles deste espectáculo cunha das integrantes do elenco, Victoria Pérez....more4minPlay
October 03, 2025Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Balance da asemblea celebrada o 1 de outubroO pasado mércores 1 de outubro ACITUI celebrou asemblea, que contou con 33 asistentes, entre persoas socias, non socias, veciñanza, e representantes de partidos políticas. Hoxe fixo balance desta cita o presidente da asociación, Pepe Míguez....more14minPlay
October 02, 2025Ent. Benito Lomba, secretario da Comunidade de Montes de Salcidos (A Guarda) | Festa cultural e gastronómicaEsta fin de semana organizan no Monte Torroso, en Salcidos (A Guarda), unha festa cultural e gastronómica con actividades como un Concurso de Escultura en Pedra, Demostración de talla en madeira con motoserra ou a inauguración do monumento o Monte Torroso. Unha programación que organiza a Comunidade de Montes de Salcidos. Hoxe falamos co seu secretario, Benito Lomba....more9minPlay
October 02, 2025Ent. Vanesa Domínguez, vogal da Comisión de Festas de San Miguel de Pexegueiro | Festas 2025Gastronomía, actuacións musicais, tradición.... estarán presentes esta fin de semana nas festas na honra a San Miguel na parroquia tudense de Pexegueiro. Vanesa Domínguez, vogal da comisión de festas, explicou de xeito pormenorizado o programa festivo previsto para mañá venres e o sábado. Destaca a actuación por vez primeira da provincia do grupo asturiano Beatriz....more3minPlay
October 02, 2025Ent. Diego das Dores, Marta González e Aitor Martínez, do Club Remo Tui | VII Regata Cidade de TuiEste sábado 4 de outubro se disputa a VII Regata Cidade de Tui organizada polo Club Remo Tui. É unha cita competitiva que comeza ás 9.30 h, e que poderá seguirse dende as gradas da rúa Olímpicos Tudenses. Trátase dunha regata moi atractiva, cunha distancia de 400 metros, e que se prolongará até as 14h. Hoxe coñecemos os detalles da proba e do cartel co presidente do club Diego das Dores e os remeiros Marta González e Aitor Martínez....more7minPlay
October 02, 2025Ent. Mabel Lozano |“As redes da pornografía, a trata e a prostitución, e os riscos para a adolescencia hoxe”“As redes da pornografía, a trata e a prostitución, e os riscos para a adolescencia hoxe” é o título da charla que a directora e documentalista Mabel Lozano ofrecerá hoxe xoves ás 19 h no Espazo Sociocultural da rua Camilo José Cela. O acto está organizado polo Concello de Tui co gallo do do Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres....more6minPlay
October 02, 2025Ent. Andrea González, directora IKFEM | Concurso Novas Ondas SonorasO Teatro Municipal de Tui acolle este sábado ás 19 h o Concurso Novas Ondas Sonroas organizadas polo IKFEM. A directora do festival, Andrea González, daba conta das seis agrupacións que participarán no evento e convidaba a acudir o sábado ao teatro para gozar desta emocionante final....more6minPlay
October 01, 2025Ent. Ana Carpintero, de Somos Océano | Premio A Profesional Autónoma de CaixaBank na Dirección Territorial NorteAna Carpintero é a gañadora da quinta edición do Premio A Profesional Autónoma de CaixaBank na Dirección Territorial Norte, que comprende Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, polo seu proxecto Somos Océano. Un recoñecemento co que agora opta a competir polo galardón nacional que se resolverá proximamente. Hoxe conversamos con Ana Carpinteiro sobre este premio e sobre as novidades que presenta Somos Oceáno este outubro....more6minPlay
October 01, 2025Ent. Alberto Vila e Victor Feliciano, da Asociación Treze Catorce | Matasound en Salceda de CaselasEste venres 3 de outubro, ás 20.00 horas celébrase o Matasound, no torreiro do matadoiro en Salceda de Caselas. Un evento musical organizado pola Asociaciión Treze Catorce. Coñecemos os detalles desta cita con Alberto Vila e Victor Feliciano.As entradas teñen un prezo de 8€, podendo mercado de forma anticipada até mañá xoves no 651 52 23 33, aun prezo reducido de 5 euros....more6minPlay
September 30, 2025Ent. Julio Gómez, presidente de CSIF Pontevedra | Niveis de radón altos no edificio da Axencia Tributaria en TuiA Central Sindical Independiente e de Funcionarios (CSIF) solicitou a suspensión inmediata da actividade no edificio da Axencia Tributaria (AEAT) en Tui, tras confirmarse niveis de radón “extremadamente altos”. Así nolo contou hoxe Julio Gómez, presidente de CSIF Pontevedra, que tamén deu conta dos riscos que ten estar exposto a este gas e das medidas que se deben adoptar para resolver este problema....more7minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,270 episodes available.