Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,125 episodes available.
August 08, 2025Ent. Jorge Alonso, membro da banda Os da Alba | Festas do Monte, na GuardaA banda Os da Alba encabezará mañá sábado o Desfile Folklórico e de Bandas Mariñeiras das Festas do Monte, na Guarda. Farao por cumprir 25 anos. Hoxe coñecemos máis desta agrupación cunha persoa que forma parte dela dende a súa creación, Jorge Alonso....more8minPlay
August 08, 2025Ent. Samuel Diz, director de Música no Claustro; e Beatriz Fontán, produtora creativa | Balance 19ª ediciónDespois de sete días de actividades, con concertos diarios, conversas, o Foro Resonancias para profesionais e moita música e identidade, hoxe facemos balance do Festival Música no Claustro, que remataba onte.Facémolo conversando co director do festival, Samuel Diz, e a produtora creativa, Beatriz Fontán....more15minPlay
August 07, 2025Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas | Actualización incendio forestal na PicoñaDesactivado o nivel 2 de alerta na parroquia de Picoña, en Salceda de Caselas, tras o incendio forestal rexistrado onte mércores á tarde. Numerosos medios continúan traballando no lugar dende onte, tamén a UME, para refrescar a área e seguir facendo cortafogos. Así nolo explicou hoxe a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira....more6minPlay
August 07, 2025Ent. Paula Rodríguez, da Asociación Ghorghalado | V Mostra de Cine do RosalDurante esta semana O Rosal está celebrando a quinta edición da Mostra de Cine que organiza a Asociación Ghorghalado. Con máis de 1.000 curtametraxes inscritas este ano, o domingo día 10 entragaranse os sete premios. Coñecemos os detalles desta mostra cunha das organizadoras, Paula Rodríguez....more9minPlay
August 07, 2025Ent. Mon-Puo, violoncellista, e Samuel Diz, director de Música no Claustro | Concerto final do festivalHoxe xoves ás 21 h remata o XIX Música no Claustro cun solo de violoncello a cargo do músico Mon-Puo. Será ás 21 h no claustro da Catedral, con entrada libre e sen reserva previa. Hoxe coñecemos os segredos desta actuación co violoncellista Mon-Puo e co director do festival, Samuel Diz....more10minPlay
August 07, 2025Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda | Festas do MonteA Guarda vive esta semana as Festas do Monte, intensas xornadas que contan coa participación de 20.000 persoas da comarca e doutros puntos de Galicia, Portugal e España. O alcalde guardés, Roberto Carrero, convidou hoxe no programa Día a Día a desfrutar das festas e do Monte Santa Trega....more5minPlay
August 07, 2025Ent. Ana Nuñez, concelleira de Igualdade | Programa Feminino PluralFeminino Plural é un programa integral, multidisciplinar e feminista posto en marcha polo Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade. Vaise desenvolver neste mes de agosto e en setembro. É un programa de promoción da igualdadade e da prevención da violencia de xénero tal e coma explicaba Ana Núñez, concelleira de Igualdade, quen explicaba os obxectivos que ten e facía un chamamento ás mulleres a participar....more14minPlay
August 07, 2025Ent. Alex Rodríguez, concelleiro de Cultura e Seguridade de Salceda | Incendio forestal na PicoñaControlada a situación no incendio forestal que afecta dende onte a primeira hora da tarde á parroquia da Picoña en Salceda. A proximidade ás casas obrigou a establecer a situación 2 pola proximidade a vivendas. O concelleiro de Cultura e Seguridade, Alex Rodríguez, explicaba na Radio Municipal de Tui que a situación na zona máis próxima ás casas quedou controlada pasadas as 3 da madrugada. Arestora proseguen tarefas para continuar a zona perimetral do incendio que segundo as primeiras estimacións podería afectar a 80 hectáreas. Numerosos medios traballan no lugar dende onte, tamén a UME....more4minPlay
August 06, 2025Ent. Mar Font, da organización de Música no Claustro e estudante de AntropoloxíaDespois de cinco xornadas co claustro da Catedral de Tui cheo, hoxe facemos balance da edición deste ano do Festival Música no Claustro. Facémolo con Mar Font, integrante da organización e estudante de Antropoloxía, quen nos deu máis información sobre as actividades destes días e sobre o "Identidades"....more8minPlay
August 06, 2025Ent. Saúl Vaz, piloto de karting, e Jesús Vaz | Participación no Campionato CYL en Kotar (Aranda de Duero)O tudense Saúl Vaz, piloto de karting, está en segunda posición no Campionato CYL en Kotar (Aranda de Duero) e participará na vindeira proba que se celebra o 23 e 24 de agosto. Hoxe valoramos con el e con Jesús Vaz, o seu pai e manager, a temporada deste ano 2025....more13minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,125 episodes available.