Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,125 episodes available.
July 31, 2025Ent. Uxía Rodríguez e Martín Gorriti, piragüistas do Club Kaiak TudenseA piragüista Uxía Rodríguez Huertas logrou a novena posición no K1 1000 m no Campionato do Mundo de Piragüismo Sprint Júnior e Sub23. Martín Gorriti foi 13º nese mesmo campionato, onde competiu no K1 1000 m representando a Uruguai.Con ambos piragüistas do Club Kaiak Tudense conversamos onte sobre estes éxitos e sobre a súa participación no Campionato de España esta fin de semana....more9minPlay
July 31, 2025Ent. Cristina Bordas, catedrática de Musicoloxía; e Samuel Diz, director de Música no Claustro | Foro ResonanciasPoñer o foco na construcción dos instrumentos musicais é o obxectivo da conferencia inaugural do Foro Resonancias que organiza Música no Claustro o próximo mércores 6 de agosto na Catedral de Tui. Cristina Bordas, catedrática de Musicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid, será a encargada de impartir dita conferencia. Hoxe conversamos con ela e con Samuel Diz, director de Música do Claustro....more15minPlay
July 30, 2025Ent. Marisa Giráldez, do Club Bádminton Tui | Campus de agostoDende este venres 1 de agosto até o 30 do mesmo mes, o Club Bádminton Tui organiza xornadas de adestramentos os luns e os venres en dúas quendas polas mañás. A inscrición pode realizarse no teléfono 606 96 41 27. Marisa Giráldez contounos hoxe que este campus servirá tamén como adestramentos de cara a setembro....more5minPlay
July 30, 2025Ent. Eduardo Rodríguez, da Oficina Española de Patentes e Marcas | Foro resonancias en Música no ClaustroO Festival Música no Claustro inclúe na súa programación, dentro do Foro Resonancias do mércores 6 de agosto, unha intervención de Eduardo Rodríguez, xefe do servizo de Arquivo e biblioteca da Oficina Española de Patentes e Marcas.El dará información sobre esta oficina e sobre o amplo número de arquivos cos que conta. Eduardo Rodríguez deu hoxe os detalles....more13minPlay
July 30, 2025Ent. Beatriz Fontán, produtora creativa de Música no Claustro; e Aitor, artesán | Foro ResonanciasDentro da programación do Festival Música no Claustro é o Foro Resonancias o próximo mércores 6 de agosto, un punto de encontro do tecido profesional e artesán, en diálogo con outras disciplinas.Coñecemos os detalles desta actividade con Beatriz Fontán, produtora creativa do festival; e Aitor, artesán, artista e autor....more16minPlay
July 29, 2025Ent. Narciso Serra, historiador | Visita ao mosteiro de Sanfins de Friestas, na Unión de Freguesías de GondomilHoxe martes continúa o ciclo "Coñece o noso patrimonio" organizado polo Instituto de Estudos Tudenses cunha visita ás 20 h ao mosteiro de Sanfins de Friestas, na Unión de Freguesías de Gondomil (Valença).Coñecemos hoxe os detalles co historiador Narciso Serra, quen guiará a visita....more7minPlay
July 29, 2025Espazo comercio | Pepe Míguez, presidente de ACITUIA Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, plasmou nunha moción, que levará ao próximo pleno ordinario, a defensa do seu papel coma comerciantes, e apuntando ao que consideran é o problema real do comercio. Así o explicaba na nosa sintonía o presidente de ACITUI, Pepe Míguez, no tempo de Espazo Comercio....more10minPlay
July 29, 2025Ent. Samuel Diz, director de Música no Claustro; e Mar Font, integrante da organización do festivalEste venres 1 de agosto ás 21 h comeza o XIX Música no Claustro, abrindo sete días con sete concertos gratuítos, unha residencia artística, unha conversa e unha nova edición do Foro Resonancias. Todo conformará o programa deste ano baixo o fío condutor das “identidades” que ten cada persoa. Hoxe conversamos sobre a programación e o fío condutor desta edición con Samuel Diz, director, e Mar Font, da organización....more18minPlay
July 29, 2025Ent. Katia Rocha e Vanesa Alonso da Escola de Baile e Música San Fins | Noite Internacional do MiñoO Ballet Calden Gaucho de Arxentina, o Centro Cultural Vila Batalhão de Brasil, a Compañía Artistica Mien-Moh de Costa de Brasil e Ensemble Nikola Vapcarov de Macedonia serán hoxe martes, ás 21.30 h os protagonistas da Noite Internacional do Miño. A cita será no Parque do Laxal en Rebordáns. Hoxe Katia Rocha e Vanesa Alonso da Escola de Baile e Música San Fins, organizadores do evento, contaron os obxectivos da Noite e tamén nos falaron de cada grupo....more8minPlay
July 24, 2025Ent. Mónica Martínez, da comisión de Festas de Pexegueiro | Festas na honra a Santa AnaPexegueiro celebra este sábado as súas festas na honra a Santa Ana. A programación dará comezo ás 12 h coa misa solemne acompañada do grupo de gaitas o Mosteiro de Pexegueiro. Logo, polbo e churrasco a prezos populares.Xa pola tarde, ás 16 h a festa continúa coa charanga Cantos Somos e ás 22 h o Trío Sensación e Murga Airiños do Cereixo. Mónica Martínez, da comisión de festas, deu conta da programación....more4minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,125 episodes available.