Até este venres está aberto o prazo de inscrición para a I Andaina Santiago Apostol de Malvas que organiza a Comisión de Festas da parroquia e que conducirá Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio. Sairá este sábado, 24 de maio, ás 18 h dende o torreiro da festa de Malvas.
Será un percorrido de algo máis de 3 quilómetros, no que se visitará a igrexa parroquial, fontes, pontes, represas de regadío… tal e coma hoxe explicaba Cristian Lago.
A inscrición pode facerse chamando ao 620 128 246. Ten un prezo de 6€ e inclúe auga e un bocadillo de tortilla.