Roupa, electrodomésticos ou complementos son algúns dos produtos que poderemos atopar mañá, sábado, no I Mercado de Segunda Man que se vai celebrar na Praza do Seixo de Tomiño de 10 a 22 h. Belén Alonso, da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Colibrí, organizadora do evento, explicaba que participan 18 postos.
Haberá tamén unha mesa de donacións para que as persoas que o precisen poida levar o que precisen.