Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Carmen García, coordinadora de Atención ao Paciente e Usuario da AECC | Día Mundial contra o Cancro
    Hoxe 4 de febreiro conmemórase o Día Mundial contra o Cancro. Con este motivo entrevistamos a Carmen García, coordinadora de Atención ao Paciente e Usuario da Asociación Española Contra o Cancro.
    Unha asociación que presentou hoxe un novo modelo de atención integral baseado na humanización. Coñecemos con ela os detalles, e tamén cifras e acción no Baixo Miño e provincia de Pontevedra.
    8 min
  • Ent. Bruno Fernández, terapeuta | Taller de Flores de Bach
    Remedios florais, emocións e hábitos de vida centrarán o Taller de Flores de Bach que mañá xoves ás 18 h impartirá o terapeuta Bruno Fernández, do centro Tres catorce.
    Será con acceso libre no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Coñecemos os detalles con Bruno Fernández.
    7 min
  • Espazo Comercio | Martes, 3 de febreiro de 2026
    Hoxe no noso Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, coñecemos a iniciativa posta en marcha por Sindo de la Fuente, pulpeiro, e Cristina Rey, da cafetaría Entrehoras. A partir deste xoves 5 de febreiro entregarán con cada tapa de polbo unha papeleta. O 15 de marzo sortearán vales de 50 euros para invertir no comercio local de Tui.
    Coñecemos esta iniciativa con Sindo de la Fuente, Cristina Rey e Pepe Míguez, presidente de ACITUI.
    7 min
  • Ent. Adri Salgado, na batería e voz | Concerto de A Banda dos Insectos
    A Banda dos Insectos chega este venres ao Teatro Municipal co seu rock en galego para público familiar. A partir das 19 h en concerto interpretarán temas coma "Pasando a bola", "Levanta a cabeza" ou "O ritmo do partido".
    Forman a banda o tudense Eduardo Cadenas, no baixo e coros; Juan Pérez, na guitarra e coros; Manuel Fernández, en animación, e Adri Salgado, na batería e voz. Con este último falamos do concerto deste venres. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€.
    4 min
  • Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui - Programación febreiro
    "A voz de Hind" abre as proxeccións do mes de febreiro do Cineclub Tui. Esta será a película que poderemos ver mañá martes, ás 18.30 h e 20.45 h, no Espazo Sociocultural.
    O martes 10 proxectarán "A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca" e o martes 23 "Xogos prohibidos".
    Así nolo contou hoxe Noemí Guisande do Cineclub Tui.
    7 min
  • Ent. Santi Veloso, presidente de Ponte... nas Ondas! | Segundo mellor proxecto na protección do PCI
    A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! foi escollida como un dos 18 proxectos de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial, de entre os 138 admitidos na convocatoria deste ano.
    É o único proxecto de Galicia seleccionado polo Ministerio de Cultura.
    Explicounos que significa este paso e como se presenta este 2026 o presidente de Ponte... nas Ondas!, Santi Veloso.
    7 min
  • Ent. Rafael Pérez e José Manuel Solleiro, da Escola de Canto Ponte das Febres | Concerto-audición
    Este domingo día 1 ás 18 h, a Escola de Canto Ponte das Febres ofrecerá un concerto-audición no que participarán 17 alumnos interpretando diferentes estilos, décadas e idiomas. Como novidade interpretarán unha aria.
    Será na Casa Cultural da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe e a entrada é libre e gratuita. Hoxe déronnos os detalles Rafael Pérez e José Manuel Solleiro, da Escola de Canto Ponte das Febres.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…