Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Julio Solleiro, Antonio Rocha, Carmen Agra e Hagetna | Programa Vacacións en Paz
    O programa Vacacións en Paz organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí busca familias que este verán poidan acoller a un neno ou nena saharauí.
    Julio Solleiro, Antonio Rocha, Carmen Agra, contáronnos a súa experiencia como familias acolledoras. E coñecimos tamén a experiencia de Hagetna, que entre 2002 e 2005 foi unha das nenas saharauís que pasou o verán en Tui, onde agora vive.
    14 min
  • Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | II Congreso de Educación da Eurocidade
    Os valores democrático e a intelixencia artificial centrarán mañá venres e este sábado o II Congreso de Educación da Eurocidade Tui-Valença.
    A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade de Tui, Sonsoles Vicente, destacou hoxe a importancia desta cita internacional que reunirá a destacados expertos, e que permitirá tamén coñecer as experiencias que se desenvolven neste territorio transfronteirizo.
    Mañá á tarde o congreso celebrarse no auditorio da ESCE en Valença, e o sábado pola mañá no Teatro Municipal de Tui.
    9 min
  • Ent. Miguel Taín, catedrático | Conferencia sobre o barroco na Catedral de Tui
    O catedrático Miguel Taín ofrecerá hoxe xoves, ás 19.30 h, no Espazo Sociocultural a conferencia “A gran catedral de Tui nos séculos do barroco ( ss. XVII-XVIII)”. Neste evento divulgativo afondará na transcendencia da catedral tudense, na importancia da colección de mobles barrocos, entre outros aspectos destacados do principal templo tudense. Así o explicaba esta mañá.
    A conferencia forma parte do programa conmemorativo do VIII centenario da consagración da Catedral de Tui.
    7 min
  • Ent. Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui | Manifestación e situación do centro tudense
    Este domingo 1 de febreiro está convocada unha manifestación en Santiago de Compostela por SOS Sanidade Pública, para a que sairán autobuses dende o Baixo Miño. O prezo é de 8 euros e pódese reservar praza no 986 61 04 65.
    Así nolo explicou hoxe Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, quen tamén deu información sobre a situación actual do Centro de Saúde de Tui.
    11 min
  • Ent. Raquel Areal, violinista tudense da Filarmónica de Berlín | Concertos en Galicia e xira internacional
    A violista tudense Raquel Areal, membro da Orquestra Filarmónica de Berlín, ofrecerá esta semana dous concertos coa Real Filarmonía de Galicia coma solista. O primeiro será mañá xoves ás 20.30 h no Auditorio de Galicia e o segundo o venres ás 20 h no Centro Cultural A Fundación en Vigo. Tamén actuará en Lugo dentro da xira Ecos de Bregoán.
    Conversamos con ela sobre estas citas en Galicia, a súa experiencia en Berlín e a próxima xira internacional por Latinoamérica.
    8 min
  • Ent. Xoán Amós e Sergio Pérez, de Rías Baixas Ebike
    Deporte, turismo, sostibilidade e natureza están presentes en Rías Baixas Ebike, un proxecto de aluguer de bicicletas eléctricas no Baixo Miño e Rías Baixas. Unha iniciativa pensada para o turismo que suma, segundo explicaron dous dos seus creadores, Xoán Amós e Sergio Pérez.
    7 min
  • Ent. Rebeca Blanco Rotea, arqueóloga | Fortalezas da Fronteira
    O xacemento das Torres, en Taborda (Tomiño) foi ocupado antes do que inicialmente se pensaba.
    Este cambio de hipótese é o resultado da intervención arqueolóxica levada a cabo o pasado verán no marco do proxecto Fortalezas da Fronteira, centrado no estudo do sistema defensivo histórico da fronteira do Miño.
    Coñecemos os detalles coa arqueóloga Rebeca Blanco.
    9 min
  • Espazo Comercio | Martes, 27 de xaneiro de 2026
    ACITUI organiza a segunda edición de Tui de Tapas para o mes de marzo. Até este sábado ten aberto o prazo de inscrición tanto para establecementos asociados, coma non asociados. Neste último caso deberán aboar unha cota de 50€.
    É unha iniciativa que busca crear sinerxías entre a hostalería local. O obxectivo que teñen é superar os 19 locais da primeira edición, e catro días de pechar a inscrición contan xa con 15 establecementos participantes. Así nolo contou hoxe Isaac Míguez.
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…