Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Iria Rey e Luisa Cerviño, da Comisión do Entroido de Pexegueiro | Laconada e bingo
    Mañá martes 27 pecha o prazo de inscrición da Laconada que organiza a Comisión do Entroido de Pexegueiro para este domingo 1 de febreiro. Será ás 14 h no Colexio de Pexegueiro e, despois, haberá bingo. Todo organizado coa vista posta no Entroido, que se celebra nesta parroquia o 8 de febreiro.
    O menú ten un prezo de 20 euros e a inscrición pode realizarse nos teléfonos 669 65 07 20 e 647 29 76 35.
    Deron os detalles hoxe Iria Rey e Luisa Cerviño.
    5 min
  • Ent. Pily Reñones, fotógrafa | Catro nominacións aos Premios Goya de Fotografía
    A fotógrafa tomiñesa Pily Reñones é a única pontevedresa que opta aos Premios Goya de Fotografía. Nesta edición está nominada por catro obras, dúas en libre creación e dúas en gráfico documental. A gala dos premios terá lugar o vindeiro 7 de febreiro en Zaragoza.
    Hoxe valorou estas nominacións no programa Día a día, e avanzou detalles dos seus próximos traballos.
    9 min
  • Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui | Programación do mes de febreiro no Teatro Municipal
    Unha proposta diversa para todos os públicos é a que brindará no mes de febreiro o Teatro Municipal de Tui. Música, danza e teatro centran esta proposta cultura dirixida a todos os público e unha importante aposta polos artistas locais. Así o explicaba hoxe a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente.
    A Banda dos Insectos, Jonatan Alvarado e Samuel Diz, Amarelo e Teatro de Ningures serán os encargados dos catro espectáculo previstos.
    7 min
  • Ent. Almudena Solana, escritora | Viaje a la ausencia
    A escritora tudense Almudena Solana vén de publicar a súa quinta novela “Viaje a la ausencia”, na que transita o dó polo falecemento do seu pai, traballador na antiga alfándega de Tui.
    Conversamos con ela sobre as incógnitas da vida, as viaxes, a perda dun ser querido e sobre esta quinta novela que xa está dispoñible nas librarías.
    10 min
  • Ent. Sebastián Gómez | Romaría de San Xulián
    O próximo martes, 27 de xaneiro, celébrase no cumio do Monte Aloia a romaría de San Xulián. Haberá misa ás 10 h e a solemne ás 12 h, que este ano estará oficiada polo bispo da diocese, Antonio Valín. Tras a mesma realizaranse as tradicionais poxas.
    Así nolo contou Sebastián Gómez.
    7 min
  • Ent. Jonathan Soliño e Ismael Felgueiras, de Amigos da Festa de Rebordáns | Futbolín, laconada e bingo
    A Comisión Amigos da Festa de Rebordáns organiza tres actividades nas próximas semanas. A primeira será este sábado ás 20 h no Centro Cultural San Fins. Será un campionato de futbolín para o que aínda está aberto o prazo de inscrición. Tamén celebrarán o sábado 7 de febreiro unha nova edición do bingo erótico e o domingo 8 unha gran laconada.
    Así nolo contaron hoxe Jonathan Soliño e Ismael Felgueiras, da comisión.
    6 min
  • Ent. Rafael Sánchez, historiador e comisario da exposición Os sambenitos da catedral de Tui: historia, memoria e infamia
    Mañá xoves ás 12 h, o Centro Sefarad Israel de Madrid acollerá a inauguración da exposición "Os sambenitos da catedral de Tui: historia, memoria e infamia", unha mostra comisariada por Rafael Sánchez Bargiela que porá en valor un dos elementos singulares do patrimonio catedralicio.
    O comisario da mostra deu conta hoxe dos obxectivos de levar a historia destes sambenitos a Madrid.
    7 min
  • Ent. José Jesús Blanco, médico xubilado e pintor | Exposición Acuarelas
    Hoxe mércores ás 19.30 h inaugúrase na Sala Municipal de Exposicións, no Edificio Francisco Sánchez, a exposición “Acuarelas” de José Jesús Blanco Pérez. O artista afincado en Tui presenta máis de 50 acuarelas de paisaxes e lugares de Tui, A Guarda, O Rosal ou Valença, entre outros.
    Unha exposición que se poderá visitar até o 27 de febreiro en horario de luns a venres de 9 h a 14 h e de 15.30 h a 20.30 h e os sábados de 9 h a 13 h.
    O autor deu conta hoxe da súa historia e de como decidiu comezar a pintar.
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…