Preto de 850 persoas van participar mañá sábado, dende ás 11 h, na Carreira Popular de San Telmo I Memorial Xosé Martínez Tato. Máis da metade serán nenos e nenas. A categoría máis numerosa será a de pitufos cun centenar de inscritos.
Hoxe Laura Solla, do Club Atletismo Tui, organizador da proba xunto ao Concello de Tui, deunos todos os detalles prácticos deste evento. A recollida de dorsais será dende ás 9 h na praza da Inmaculada, onde se recollerán alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño Baixo Miño.