Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. David Acevedo - A Marcha Ultreia celebrarase o domingo 12 de abril
    A marcha Ultreia entre Tui e Pontevedra celebrarase este ano o domingo 12 de abril, domingo de San Telmo. Trátase dunha proba xa consolidada que cada ano reúne a centos de persoas de toda España e Portugal. Na edición de 2025 o máis rápido percorreu en 4 h 17 min a distancia entre as dúas cidades seguindo o Camiño Portugués, e o que máis tempo investiu realizou o traxecto en 11 h 54 min.
    Así nolo contou hoxe David Acevedo, membro da organización, quen explicou que a inscrición está xa aberta en cronotec.es.
    6 min
  • Ent. Benjamín Martínez, de El X de la Suerte | Sorteo do Neno 2026
    Días de ledicia para El X de la Suerte, administración de lotarías do Porriño, despois de repartir máis de 24 millóns de euros en premios no Sorteo do Neno. Do local saíu un décimo do primeiro, o número 06703, e todo o segundo en exclusiva en Galicia, o 45875.
    Coñecemos hoxe con Benjamín Martínez, de El X de la Suerte, algunhas das anécdotas deste sorteo.
    7 min
  • Raíces e Vangarda - Roscón de Reis
    No tempo que cada luns compartimos con Judicael Romero en Raíces e Vangarda hoxe coñecemos como elaborar un roscón de Reis. Deixounos a receita e o trucos para o resultado sexa espectacular.
    12 min
  • Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui - Cabalgata Internacional de Reis 2026
    Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán o próximo luns a Eurocidade Tui-Valença protagonizando a Cabalgata Internacional de Reis que sairá ás 17 h das Cortinas de San Francisco en Valença e rematará na rúa Compostela en Tui. O Teatro Municipal acollerá a recepción real tanto á mañá como tras a cabalgata.
    A concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, explicou todos os detalles desta máxica cita internacional.
    12 min
  • Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla, do Club Atletismo Tui | IV San Silvestre Solidaria
    2000 persoas participarán mañá na IV San Silvestre Solidaria que o Concello de Tui organiza en colaboración co Club Atletismo Tui. Ás 10.30 h partirá a carreira dende o Paseo da Corredoira, e a partir das 12 h chocolate quente, badaladas e música na praza da Inmaculada.
    A recollida de dorsais será no Espazo Sociocultural da r/ Camilo José Cela dende as 9 h até as 10.20 h.
    Coñecemos os detalles e o percorrido con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla, do Club Atletismo Tui.
    8 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara de Valença | Cabalgata de Reis
    A Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença é única no mundo. Une dous países, dous municipios e faino a través da maxia e a ilusión pola chegada dos Reis Magos de Oriente.
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira, destacaron que se debería potenciar este evento pola súa singulariedade e interese cultural transfronteirizo.
    11 min
  • Ent. Marta Cendón, catedrática | Conferencia A catedral de Tui en 1225. Que estaba feito e que faltaba por facer?
    A catedrática tudense Marta Cendón ofrecerá mañá martes ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da r/ Camilo José Cela unha conferencia titulada "A catedral de Tui a 30 de novembro de 1225. Que estaba feito e que faltaba por facer?" dentro da programación do VIII Centenario da consagración da catedral.
    Nela realizará un achegamento ao proceso construtivo deste templo, ilustrando as diversas etapas deste proceso con imaxes e comparativas. Marta Cendón avanzou hoxe no programa Día a Día que o que máis vai a sorprender.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…