Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 783 episodes available.
April 07, 2025Ent. Noemí Guisande, Cineclub Tui | Proxección "Top Secret!"O Cineclub Tui homenaxea mañá martes ao actor Val Kilmer, recentemente falecido, coa proxección da película "Top Secret!". Será cunha única sesión, ás 20.45 horas no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. O prezo é de 4,5 € para público xeral e 2 € para persoas socias. Así nolo explicou Noemí Guisande, do Cineclub Tui....more4minPlay
April 04, 2025Ent. Mónica Pérez Pazo, enfermeira especialista en Hemodinámica | Operación pioneira válvula mitralA enfermeira tudense Mónica Pérez Pazo, especialista en Hermodinámica, forma parte do equipo que hai un mes levou a cabo unha operación pioneira a nivel internacional. Foron os primeiros en implantar, por vez primeira no mundo, un novo dispositivo para reparar a válvula mitral do corazón dun paciente de 77 anos. Conversamos con ela sobre este fito médico....more11minPlay
April 04, 2025Ent. Hugo Lage, de Buguina Turismo | Tui de CineDende a Praza da Inmaculada de Tui partirá mañá sábado ás 21.00 horas a visita guiada "Tui de Cine", organizada por Buguina Turismo para coñecer e pór en valor o patrimonio audiovisual da localidade.Con Hugo Lage, de Buguina Turismo falamos sobre este paseo guiado polos vellos cinemas, festivais audiovisuais e lugares onde se gravou máis dunha ducia de filmes e series de televisión....more7minPlay
April 04, 2025Ent. Lucas González, director en funcións de representación da Comisión Europea en España | As prazas de EuropaA Eurocidade Tui-Valença acollerá o vindeiro martes, 8 de abril, a XX edición da iniciativa As prazas de Europa, impulsada pola Comisión Europea. A actividade será no Paseo da Corredoira, en horario de 18.00 a 20.00 h. Lucas González, director en funcións de representación da Comisión Europea en España, daba conta dos detalles deste encontro, que coincide co 40 aniversario do Tratado de Adhesión de España e Portugal á Comunidade Económica Europea....more5minPlay
April 04, 2025Ent. Germán Ruiz, gaiteiro | Concerto no Auditorio de Torroso (Mos)Hoxe, venres, o gaiteiro Germán Ruiz presentará o seu segundo disco en solitario, "Hemisferios", no Auditorio de Torroso, en Mos. Será ás 20.30 horas e as entradas poderán mercarse no propio auditorio ao prezo de 10 euros. Co músico valisoletano falamos hoxe sobre a súa paixón pola gaita e por Galicia....more4minPlay
April 04, 2025Ent. Rafael Pérez e Mari Carmen González, da Escola de Canto Ponte das Febres | Concerto-AudiciónMañá, sábado, ás 19.00 horas, a Escola de Canto Ponte das Febres ofrecerá un concerto-audición no que participarán 15 alumnos interpretando 34 cancións de diferentes estilos, décadas e idiomas. Será na Casa Cultural da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe e a entrada é libre e gratuita. Hoxe déronnos os detalles Rafael Pérez, presidente da Escola de Canto Ponte das Febres; e Mari Carmen González, alumna....more7minPlay
April 04, 2025Ent. Juan Álvarez, da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Colibrí | IV BTT Terras de Tomiño e Florentiña210 persoas participarán este domingo na IV BTT Terras de Tomiño e Florentiña que organiza a Asociación Cultural Deportiva Recreativa Colibrí. A saída será ás 9.00 horas dende a Praza do Seixo. Hoxe falamos con Juan Álvarez, da asociación organizadora, sobre os dous percorridos da proba e sobre a celebración da II Andaina popular e da I Xincana Infantil....more4minPlay
April 03, 2025Ent. Arturo Regueiro, conductor de A outra banda | 100 programas de A outra bandaComo cada xoves, hoxe ás 22.00 horas emitirase A outra banda, na Radio Municipal de Tui, pero esta ocasión é especial xa que se cumpren 100 programas. Para celebralo hoxe falamos co seu conductor, Arturo Regueiro, que nos contou coma xurdiu o programa e tamén a proposta que realizará esta noite dunha viaxe romántica pola primavera....more12minPlay
April 03, 2025Ent. Carlos Lago, ilustrador - Autor do Cartel das Festas de San TelmoHoxe falamos co ilustrador tudense Carlos Lago que este ano foi o encargado de deseñar o cartel das Festas de San Telmo de 2025. Contounos coma foi o proceso e coma é o cartel das festas, tamén falamos dos proxectos nos que está a traballar....more7minPlay
April 03, 2025Ent. Suso Vila, historiador, e Marina, da Asociación de Mulleres Feministas Berra |Este domingo, ás 11 horas, terá lugar o roteiro solidario "As mulleres esquecidas de Riomuiños, que está organizado pola Asociación de Mulleres Feministas Berra. Comezará no lavadoiro de Riomuiños. Ten un prezo de 10 euros. Hoxe falamos desta actividade con Marina, Asociación de Mulleres Feministas Berra e co historiador Suso Vila, que será o encargado de guiar o roteiro....more12minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 783 episodes available.