Hoxe, 2 de abril, é o Día Mundial de concienciación sobre o Autismo. Por este motivo falamos con Monste Mon, presidenta de Un Máis, a Asociación de Pais, Nais, familiares e amigos de persoas con TEA, creada hai máis de 15 anos en Tui.
O lema deste ano é "Somos infinitos" co que se fai fincapé en que non hai dúas persoas con autismo iguais, cada persoa autista é única, ten a súas propias necesidades, capacidades e intereses.
Insistía Montse Mon na necesidade de que as persoas con autismo reciban os apoios específicos precisos en cada etapa da súa vida. Tamén na importancia da detección precoz e a atención temperá.