O grupo Old Bridge, formado por músicos de Tui e Valença, actuará este sábado, ás 22.30 horas, no Bar Liceum no Porriño. Interpretarán temas de blues, funky, reggae e rock&roll dende os anos 50' até a actualidade. Así nolo contaron hoxe Chus López e Jorge Lima, membros da banda, que destacaron a importancia de que os establecementos aposten por acoller actuacións musicais en directo.
A entrada para este concerto ten un prezo de 3 euros.