Este domingo, día 23, pecha o prazo de inscrición da Ultreia 2025 entre Tui e Pontevedra, que se celebrará o domingo 6 de abril. Unha proba que xa batiu récord de participación, superando os 600 inscritos.
David Acevedo, coordinador da agrupación HQR e redactor xefe de deportes do Diario de Pontevedra, daba conta destas boas cifras e dos detalles da proba.
Os interesados en apuntarse poden facelo en cronotec.es. O prezo é de 20 euros.