O IES Indalecio Pérez Tizón de Tui vén de recibir a autorización para realizar unha AFD, Acción Formativa para persoas Desempregadas, que está enfocada en actividades auxiliares de comercio. O director do centro, Fernando Pérez-Lozao, e Alejandro Cuntiñas, profesor, deron os detalles desta formación, que está enfocada en persoas que estean inscritas como demandantes de emprego. Desenvolverase en horario de tarde, de luns a venres.