Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Belén Alonso, autónoma | Manifestación en Santiago
    Condicións xustas, protección social e recoñecemento do seu traballo son algunhas das reivindicacións das persoas autónomas que se van a manifestar en Santiago de Compostela o 30 deste mes de novembro.
    Belén Alonso é autónoma do Baixo Miño, e hoxe deu conta da iniciativa para asistir a esta manifestación en autobuses. Para máis información pode contactarse no teléfono 669 84 11 34.
    8 min
  • Ent. Alejandra Rusell, autora de "El Juego del Escondite"
    A tudense Alejandra Rusell vén de publicar o seu primeiro “El juego del escondite” no que presenta 72 microrelatos independentes, e nos que o título forma parte tamén do relato. Presentarase ao público venres 12 de decembro ás 19.30 h no White Clover. O libro está xa á venda en Tui na libraría Nobel e tamén en liña.
    Alejandra Rusell contounos que está a traballar xa tamén no que será a súa primeira novela.
    5 min
  • Espazo Comercio - Verifactu e Holded
    No tempo do Espazo Comercio que realizamos con ACITUI hoxe coñecemos que é o programa de facturación e xestión para autónomos Holded e cales son as características da ferramenta Verifactu.
    Contáronolo Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI, e Jenifer Garzón de Holded.
    O próximo luns, 24 de novembro, ás 20.30 h na Sala Félix Rodríguez ACITUI organiza unha charla sobre "Verifactu. Como adaptar o teu negocio con Holded".
    12 min
  • Ent. Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, da compañía de teatro A Panadaría | As que limpan
    A programación de Outono no Teatro Municipal de Tui pecharase este sábado 22 ás 20 h coa sátira útopica “As que limpan” do grupo teatral A Panadaría. En Tui Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman comezaron esta xira no ano 2022, e aquí a pecharán. A compañía despedirase tamén con esta representación.
    Hoxe falamos coas tres actrices que subirán ao escenario este sábado.
    8 min
  • Ent. Eloy Carrera, Miguel Prado, Antonio Barros e José Montes - Concerto de Santa Icía
    A Banda de Música Popular de Tui celebra este sábado a festividade da súa patroa, Santa Icía. Será ás 18 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.Vaino facer cun concerto especial e solidario no que banda estará acompañada polo cantante Antonio Barros, no que van interpretar música de verbena. Así nolo contaban Eloy Carrera, director da Banda, e Antonio Barros, cantante, destacando o variado repertorio que van ofrecer.
    A entrada será un quilo de alimentos para SOS Tomiño- Baixo Miño. Dende SOS Tomiño Baixo Miño, José Montes, destacaba a importancia de iniciativas coma esta.
    12 min
  • Ent. Natalia Lago - 5 anos de A Fada do Aloia
    A ruta da auga, Amiga Árbore, a ruta da pedra… son só algunhas das propostas que dende hai cinco anos realiza Natalia Lago co seu proxecto de educación ambiental “A Fada do Aloia”. Natalia Lago fixo hoxe un balance positivo deste lustro de actividade pola acollida que está a ter por parte das familias,e pola incorporación de novos proxectos ao longo deste tempo.
    Avanzaba tamén as rutas que ten previstas para esta próxima fin de semana.
    9 min
  • Ent. Laureano Alonso, tradutor e Rafael Sánchez Bargiela, historiador | Obra traducida ao galego de Francisco Sánchez
    O luns 17 preséntase, ás 20.00 horas, no edificio Francisco Sánchez en Tui a tradución ao galego do libro "Sobre a brevidade da vida" do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez. Unha tradución realizada por Laureano Alonso e na que se fai unha reflexión sobre o corpo, a alma, a vida dos seres vivos e tamén sobre a alimentación.
    Desta obra e da figura de Francisco Sánchez convesamos hoxe co tradutor Laureano Alonso e o historiador Rafael Sánchez Bargiela.
    11 min
  • Ent. Iván Pereira, deportista | Campionato do Mundo IRONMAN 70.3 Marbella 2025
    O tudense Iván Pereira vén de competir no Campionato do Mundo IRONMAN 70.3 Marbella 2025, na categoría de 40 a 44 anos. Unha proba moi dura, na que participaban 6.300 atletas de 114 países, e na que fixo un tempo de 4:42:53 h. Un gran resultado co que rematou no posto 536 na xeral, e foi 57 na súa categoría.
    Hoxe Iván Pereira contounos como se prepara para desputar este tipo de probas e cales son as súas próximas citas.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…