Unha das unidades móbiles de doazón de sangue está hoxe venres e mañá sábado, na rúa Casal Aboy, a carón do centro de saúde en Tui. As doazóns pódense realizarse ata ás 14.15 h e de 16 a 21 h, hoxe e de 10 a 15 h mañá.
José María Vázquez, responsable da xestión de colectas de ADOS animaba á veciñanza para que se achegue a doar, facendo un especial chamamento ás persoas con A- e salientaba os bos datos de doazóns en Tui, que sobrepasan a media autonómica con 54 doantes por cada 1.000 habitantes.