Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Balance campaña de Samaín
    O pasado venres, 31 de outubro, ACITUI impulsou a campaña "Truco ou trato" polos comercios tudenses. Unha iniciativa na que participaron 56 comercios e a asociación entregou máis de 10 quilos de caramelos.
    Pepe Míguez, presidente de ACITUI, fixo balance desta campaña e avanzaba que xa están traballando nas propostas que van realizar de cara ao Nadal.
    5 min
  • Ent. Ángel Sánchez, João Pedro Rodrigues, Xacio Baño e Aira Portos | Primeira etapa de Ventura
    Durante cinco días sete realizadores e realizadoras galegas participaron en Tui na primeira etapa de Ventura, unha residencia artística que organiza o Festival Play Doc.
    Dende a Radio Municipal coñecemos algúns dos proxectos que se están a desenvolver ao abeiro desta iniciativa, conversando tamén con Ángel Sánchez, codirector de Play Doc, e João Pedro Rodrigues, cineasta portugués e titor de Ventura.
    16 min
  • Ent. José Fernández, da Asociación Amigos das Motos Antigas | XX Mercadillo e exposición de motos antigas
    Este sábado e domingo celébrase no pavillón polideportivo de Goián o XX Mercadillo e exposición de motos antigas. Poderase visitar mañá de 10 h a 14 h e de 16 h a 20 h e o domingo de 9.30 h a 14.30 h. Nel poderemos atopar unha exposición de motos antigas, mercar motos e recambios e tamén pezas para coches clásicos.
    Deunos hoxe todos os detalles José Fernández, da Asociación Amigos das Motos Antigas.
    4 min
  • Ent. Elisardo de la Cruz, actor | Esas cousas marabillosas
    Hoxe ás 21 h o Teatro Municipal de Tui acolle a representación de "Esas cousas marabillosas", unha proposta divertida e conmovedora da compañía Empatía Teatro. Elisardo de la Cruz interpreta esta obra escrita por Duncan MacMillan, e traducida e dirixida por Avelino González e hoxe nos daba todos os detalles deste espectáculo participativo co público.
    As entradas están dispoñibles en tui.gal a un prezo de 8 e 6 euros e poderán adquirirse ata dez minutos antes do inicio da función.
    6 min
  • Ent. Eva Martínez e Javier Argüelles, da Asociación de Afectados pola Deleción 1p36 | Calendario solidario 2026
    Xa está dispoñible o calendario solidario da Asociación de Afectados pola Deleción 1p36. Os nenos e nenas da asociación posan xunto a varias celebridades coma Silvia Jato, Joan Laporta ou Alejandro Valverde, que colaboraran neste proxecto solidario que chega a súa décima edición. Así nolo contaron hoxe Eva Martínez e Javier Argüelles, da Asociación de afectados pola deleción 1p36.
    En Tui os calendarios poden adquirirse nas librerías Iris e Nobel, Eis Informática e en Ángela Gregores Estilistas, por 5 euros.
    9 min
  • Ent. Marga do Val, do IEAMSo e Tareixa Navaza, xornalista | Programación do Mes Memoria Demócratica
    Hoxe xoves ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela continúa a programación do Mes da Memoria Democrática en Tui co coloquio “A prensa desde Sobredo á volta de Castelao”. Unha actividade organizada polo Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo na que a xornalista Tereixa Navaza abordará como o agrarismo e os Sucesos de Sobredo tiveron gran repercusión na prensa escrita e tamén como Castelao, na súa obra gráfica, publicou viñetas en memoria das vítimas dos Sucesos de Sobredo.
    Hoxe conversamos con Marga do Val, do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo e coa xornalista Tareixa Navaza, sobre esta xornada e tamén das tres actividades que organiza o IEAMSo neste mes.
    23 min
  • Ent. José Ramón Santamaría, José Quinteiro e Ruth Villar | Gran recollida de alimentos
    Esta fin de semana terá lugar a gran recollida de alimentos organizada polo Banco de Alimentos de Vigo e SOS Tomiño Baixo Miño. Unha iniciativa solidaria na que agardan superar os 325.000 kilos acadados o ano pasado.
    José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos; Ruth Villar, responsable de prensa da mesma; e José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño Baixo Miño explicaron como podemos colaborar nesta gran recollida.
    11 min
  • Ent. Lucía Álvarez, de ACCEM Vigo | Sesións informativas sobre estranxeiría e obtención da nacionalidade española
    As persoas migrantes do Baixo Miño poderán participar este venres 7 de novembro en dúas sesións informativas sobre estranxeiría e obtención da nacionalidade española, que organiza Accem en colaboración co Concello de Tui.
    Ambos talleres desenvolveranse na aula Cemit de Tui, no edificio Francisco Sánchez. A primeira comeza ás 10 h, e versará sobre temas de estranxeiría; e a segunda será ás 12 h, sobre a obtención da nacionalidade española.
    Destas formacións conversamos hoxe con Lucía Álvarez, de ACCEM Vigo.
    As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse previamente nos Servizos Sociais de Tui.
    11 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…