Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Manuel Vázquez de la Cruz e Manuel Fernández de Levada Libre | Acto de memoria
    Levada Libre organiza hoxe ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela un acto de memoria no que explicarán o porque do mesmo, proxectarán o documental “Unha historia galega, retratos da represión na Galicia de 1936”, e contarán coa interpretación musical de Alex González e Rubén López do Conservatorio Profesional de Música de Tui.
    Así nolo contaron hoxe Manuel Vázquez de la Cruz e Manuel Fernández, que tamén explicaron os puntos da moción que presentaron para o seu debate en pleno.
    13 min
  • Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Mes da Memoria Democrática
    Hoxe, 30 de outubro, ás 18.30 h terá lugar o descubrimento dunha placa en recoñecemento ao médico Alejo Diz Jurado na fachada do Centro de Saúde de Tui. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, deu conta hoxe deste recoñecemento e da figura de Alejo Diz. O acto forma parte da programación do Mes da Memoria Democrática.
    Hoxe precisamente cúmprense 89 anos do fusilamento na Alameda de San Domingos, en Tui dos médicos Alejo Diz Jurado e Darío Álvarez Limeses, do funcionario José Felipe Muñoz, o empregado Manuel Domínguez León, o industrial Serafín Fernández Costas e o seu fillo Julio Fernández Fernández.
    7 min
  • Ent. Aurora Parajó, da Comisión San Roque de Porto | Magosto
    Este sábado 1 de novembro a Comisión San Roque de Porto, en Salvaterra de Miño, organiza un magosto, ás 18.00 horas no Centro Cultural de Porto. Aurora Parajó, membro da comisión daba todos os detalles desta cita gastronómica na que non faltarán as castañas e viño de balde, chouripán e chocolate a prezos populares.
    Tras 14 anos sen celebrarse este ano recuperaron as festas de San Roque, e agora organizan distintas actividades, como este magosto, ao longo do ano.
    4 min
  • Ent. Samuel Ferro, escritor | Taller de escritura e de defensa persoal feminina no Liceo Casino de Tui
    Dúas novas actividades vanse a desenvolver no Liceo Casino de Tui. Os martes de 20.15 a 21.15 horas terá lugar un taller de escritura e os mércores de 17.00 a 18.00 horas desenvolverase un taller de defensa persoal feminina. Ambos a cargo do vigués Samuel Ferro, escritor e experto en artes marciais.
    Con el conversamos hoxe sobre estas dúas actividades para as que se pode realizar a inscrición en persoa no Casino ou ben a través da súa páxina web.
    7 min
  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Conxunto Histórico | Resposta ás reivindicacións da veciñanza
    A concelleira do Conxunto Histórico e Patrimonio, Ana Núñez, respondeu hoxe as reivindicacións da veciñanza do conxunto histórico de Tui. Ana Núñez indicaba que entende a súa preocupación e comparte o desexo de ver un conxunto histórico rehabilitado e cheo de vida.
    Ana Núñez precisaba que o deterioro desta zona da cidade vén de moitos anos atrás, e apuntaba que a imaxe de abandono absoluto desta zona da cidade non é a realidade.
    12 min
  • Ent. Iria Pinheiro | Concerto para bebés Pitiminí
    Unha proposta teatral e musical para bebés é a que chega mañá venres ao Teatro Municipal de Tui da man de Davide González e Iria Pinheiro.
    Será un menú musical denominado “Pitiminí”, para público familiar no que haberá tamén interacción co público. Así nolo contaba Iria Pinheiro.
    A cita será mañá venres no Teatro Municipal con dúas funcións ás 17.30 h e ás 19 h. As entradas aos prezos de 4€ e 3€ están á venda en tui.gal.
    4 min
  • Ent. Gonzalo Romero e Oswaldo Fernández, do Arenas de Tui | Equipo de fútbol Arenas
    No ano 1965 Oswaldo Fernández formou o equipo Arenas de Tui, que tivo que disolverse despois de que o seu creador marchase a Alemaña. Agora, hai cinco anos retomaron a súa actividade e todos os martes, ás 22.30 h, adestran no Álvarez Durán. A súa paixón e ilusión polo fútbol levou a este grupo de vinte persoas maiores de 60 anos a xogar en Alemaña e proximamente en Tenerife.
    Así nolo contaron hoxe Gonzalo Romero e Oswaldo Fernández, do Arenas de Tui.
    6 min
  • Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | "Truco ou trato" de Samaín
    ACITUI celebra este venres un "truco ou trato" para nenos e nenas por establecementos de Tui. Serán 35 os locais que repartirán con caramelos a partir das 17 h.
    O presidente de ACITUI, Pepe Míguez, deu hoxe os detalles desta iniciativa, que ten como obxectivo dar a coñecer os produtos e servizos que a veciñanza ten á súa disposición.
    5 min
  • Ent. Jorge Amoedo e Joel Castro, veciños do conxunto histórico de Tui | Decoración reivindicativa de Samaín
    As rúas do conxunto histórico de Tui transformáronse estes días nunha acción reivindicativa por parte da veciñanza para esixir medidas urxentes que garantan, entre outras, a súa seguridade física.
    Ao redor de 100 veciños e veciñas decidiron unir forzas co obxectivo de que o Concello traballe en temas que consideran prioritarios, comezando polos cimentos. Jorge Amoedo e Joel Castro, veciños do conxunto histórico de Tui deron conta das súas esixencias e de como xurdiu a idea de decorar as rúas con estes motivos de Samaín.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…