Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Espazo comercio | Iván Carral, de Avatel
    Avatel cumpre tres anos en Tui, na rúa Compostela, ofrecendo servizos adaptados a cada un dos seus clientes e ampliando a súa rede nas parroquias tudenses.
    Hoxe coñecemos as ofertas, sorteos e novas iniciativas con Iván Carral, de Avatel, no Espazo Comercio que levamos a cabo en colaboración con ACITUI.
    7 min
  • Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero | Sopa de burro cansado
    Hoxe luns abrimos unha nova sección semanal no programa Día a Día, co chef Judicael Romero. En "Raíces e vangarda" falaremos de gastronomía con historia, de tendencias gastronómicas, de historia, de recordos e de intelixencia emocional na cociña.
    Cada luns Judicael Romero traerá unha receita con historia e vangarda. Hoxe, sopas de burro cansado.
    13 min
  • Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Annie Hall, de Woody Allen
    Mañá martes o Cineclub Tui rende homenaxe a Diane Keaton proxectando a película "Annie Hall", coa que a actriz acadou o Oscar. Será cunha dobre sesión, ás 18.30 horas e as 20.45 horas.
    Noemí Guisande do Cineclub Tui lembraba a traxectoria da actriz e o seu papel neste filme, que se poderá ver no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela.
    As entradas teñen un prezo de 2 euros para persoas socias e de 4,5 para público xeral.
    5 min
  • Ent. Javier Martínez, copiloto de rallies | Campionato de España de Rallies de Asfalto
    O copiloto de rallies Javier Martínez conseguiu esta fin de semana alzarse co Campionato de España de Rallies de Asfalto, xunto ao seu compañeiro Jorge Cagiao, no Rallie Costa de Almería.
    O salcedense afincado en Tui deu conta de como viviron esta nova vitoria, na que revalidan título e que supón o terceiro na carreira de Javier Martínez e repasaba a próxima cita que ten no calendario.
    4 min
  • Ent. Grupo Partuicipando | Participación no Encontro Autonómico de Consellos Locais
    Coñecemos como foi a participación do grupo Partuicipando no Encontro Autonómico de Consellos Locais que se celebrou o 18 e 19 de outubro no que traballaron sobre os dereitos dixitais.
    Tamén nos deron conta das próximas citas que teñen coma é o pleno infantil en Tui, e animaron a nenos e nenas e mozos e mozas tudenses a incorporarse a Parttuicipando.
    Así nolo contaron Ant'ón, Eva, Xiana, Iria e Pedro.
    16 min
  • Ent. Miguel Abreu, director do Trofeo e da Escola de Baile Pasos| XI Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença
    Máis de 600 bailaríns e bailarinas de España e Portugal van a participar esta fin de semana no XI Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença que se vai a desenvolver no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Dous días intensos de baile nos que se disputarán distintas modalidades.
    Así nolo contou hoxe Miguel Abreu, director do Trofeo e da Escola de Baile Pasos.
    5 min
  • Ent. Narciso Serra, historiador | Conversas na Feira de Santos
    Mañá 1 de novembro celébrase a Feira de Santos, en Cerdal. Unha cita multitudinaria que está declarada Patrimonio Cultural Inmaterial de Portugal. Previo a esta feira, hoxe venres ás 19 h a Capela de San Bento da Lagoa acolle a terceira edición das Conversas na Feira.
    Este ano o título é “Feira dos Santos de Cerdal – Unha Feira Transformada en Selo”, onde se presentará a colección de selos dedicada á Feira dos Santos de Cerdal, emitida polos CTT – Correos de Portugal. O historiador Narciso Serra exercerá como moderador nesta cita da que hoxe nos daba todos os detalles.
    9 min
  • Ent. Conchi Martínez, voceira da Plataforma en Defensa da Sandidade Pública de Tui | Situación no centro de saúde
    O centro de saúde de Tui ten dúas baixas debido ás xubilacións dunha doutura e dunha enfermeira, postos que aínda non foron cubertos. Unha situación que continuará con outras dúas xubilacións o próximo ano. Esta situación provoca que as listas de agarda aumenten e que as consultas estean sobrecargadas.
    Desta problemática conversamos hoxe con Conchi Martínez, voceira da Plataforma en Defensa da Sandidade Pública de Tui, que tamén deu conta da convocatoria de folga organizada polos técnicos de laboratorio e do inicio da campaña de vacinación da gripe e do coronavirus.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…