Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,481 episodes available.
October 03, 2025Ent. Agustín Ferreira, presidente de ANABAM | Concerto polos 40 anos da asociaciónA Asociación Naturalista do Baixo Miño, ANABAM, cumpre 40 anos de defensa da natureza e do patrimonio. Mañá sábado ás 19 h no Centro Cultural da Guarda celebrarán estas catro décadas de historia cun concerto de "Cuerdas Atlánticas". Tamén proxectarán un vídeo da asociación. Hoxe o seu presidente, Agustín Ferreira, fixo balance destes 40 anos no programa Día a Día....more11minPlay
October 03, 2025Ent. Victoria Pérez, de Redrum Teatro | "Os contos do Lobicán"Hoxe venres ás 19 h continúa a programación de outono no Teatro Municipal de Tui cunha proposta para público familiar. Redrum Teatro presenta "Os contos do Lobicán". As entradas están á venda en tui.gal a 4€ e 3€ até dez minutos antes da función. Hoxe coñecemos máis detalles deste espectáculo cunha das integrantes do elenco, Victoria Pérez....more4minPlay
October 03, 2025Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Balance da asemblea celebrada o 1 de outubroO pasado mércores 1 de outubro ACITUI celebrou asemblea, que contou con 33 asistentes, entre persoas socias, non socias, veciñanza, e representantes de partidos políticas. Hoxe fixo balance desta cita o presidente da asociación, Pepe Míguez....more14minPlay
October 02, 2025Ent. Benito Lomba, secretario da Comunidade de Montes de Salcidos (A Guarda) | Festa cultural e gastronómicaEsta fin de semana organizan no Monte Torroso, en Salcidos (A Guarda), unha festa cultural e gastronómica con actividades como un Concurso de Escultura en Pedra, Demostración de talla en madeira con motoserra ou a inauguración do monumento o Monte Torroso. Unha programación que organiza a Comunidade de Montes de Salcidos. Hoxe falamos co seu secretario, Benito Lomba....more9minPlay
October 02, 2025Ent. Vanesa Domínguez, vogal da Comisión de Festas de San Miguel de Pexegueiro | Festas 2025Gastronomía, actuacións musicais, tradición.... estarán presentes esta fin de semana nas festas na honra a San Miguel na parroquia tudense de Pexegueiro. Vanesa Domínguez, vogal da comisión de festas, explicou de xeito pormenorizado o programa festivo previsto para mañá venres e o sábado. Destaca a actuación por vez primeira da provincia do grupo asturiano Beatriz....more3minPlay
October 02, 2025Ent. Diego das Dores, Marta González e Aitor Martínez, do Club Remo Tui | VII Regata Cidade de TuiEste sábado 4 de outubro se disputa a VII Regata Cidade de Tui organizada polo Club Remo Tui. É unha cita competitiva que comeza ás 9.30 h, e que poderá seguirse dende as gradas da rúa Olímpicos Tudenses. Trátase dunha regata moi atractiva, cunha distancia de 400 metros, e que se prolongará até as 14h. Hoxe coñecemos os detalles da proba e do cartel co presidente do club Diego das Dores e os remeiros Marta González e Aitor Martínez....more7minPlay
October 02, 2025Ent. Mabel Lozano |“As redes da pornografía, a trata e a prostitución, e os riscos para a adolescencia hoxe”“As redes da pornografía, a trata e a prostitución, e os riscos para a adolescencia hoxe” é o título da charla que a directora e documentalista Mabel Lozano ofrecerá hoxe xoves ás 19 h no Espazo Sociocultural da rua Camilo José Cela. O acto está organizado polo Concello de Tui co gallo do do Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres....more6minPlay
October 02, 2025Ent. Andrea González, directora IKFEM | Concurso Novas Ondas SonorasO Teatro Municipal de Tui acolle este sábado ás 19 h o Concurso Novas Ondas Sonroas organizadas polo IKFEM. A directora do festival, Andrea González, daba conta das seis agrupacións que participarán no evento e convidaba a acudir o sábado ao teatro para gozar desta emocionante final....more6minPlay
October 01, 2025Ent. Ana Carpintero, de Somos Océano | Premio A Profesional Autónoma de CaixaBank na Dirección Territorial NorteAna Carpintero é a gañadora da quinta edición do Premio A Profesional Autónoma de CaixaBank na Dirección Territorial Norte, que comprende Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, polo seu proxecto Somos Océano. Un recoñecemento co que agora opta a competir polo galardón nacional que se resolverá proximamente. Hoxe conversamos con Ana Carpinteiro sobre este premio e sobre as novidades que presenta Somos Oceáno este outubro....more6minPlay
October 01, 2025Ent. Alberto Vila e Victor Feliciano, da Asociación Treze Catorce | Matasound en Salceda de CaselasEste venres 3 de outubro, ás 20.00 horas celébrase o Matasound, no torreiro do matadoiro en Salceda de Caselas. Un evento musical organizado pola Asociaciión Treze Catorce. Coñecemos os detalles desta cita con Alberto Vila e Victor Feliciano.As entradas teñen un prezo de 8€, podendo mercado de forma anticipada até mañá xoves no 651 52 23 33, aun prezo reducido de 5 euros....more6minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,481 episodes available.