Futbolín, tute, billar, dardos ou pulso son algunhas das probas que forman parte das Galimpiadas que do 5 ao 7 de xuño vanse celebrar en Caldelas. As inscricións xa están abertas nas redes sociais das Galimpiadas.
Hoxe déronnos os detalles desta actividade Judit Bernárdez e Quique Pérez, organizadores, da Asociación Non Damos Feito. Tamén deron conta do Triatlón Galímpico que celebrarán o 3 de maio.