Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui; e Sandra Alonso, de A Pelo | Proxección "Mulleres calvas"
    Coñecer unha realidade invisibilizada é o obxectivo da proxección que mañá organiza o Cineclub co documental “Mulleres calvas”, de Sandra Román. Será en dobre sesión, ás 18.30 h e ás 20.45 h, ambas no Espazo Sociocultural. Despois da proxección das 18.30 h haberá un coloquio con Sandra Alonso, da asociación A Pelo, xunto con outras mulleres do mesmo colectivo.
    Hoxe coñecemos os detalles con Noemí Guisande, do Cineclub Tui; e Sandra Alonso, de A Pelo.
    14 min
  • Ent. Ana Núñez, Pepe Míguez, Cristina Rey e Sindo de la Fuente | Campaña "O polbo ten premio en Tui"
    Este domingo a rúa Compostela acollerá un mercado con postos de diferentes comercios de Tui, nunha mañá onde a cafetaría Entrehoras e Pulpeiros Arenteiro do Carballiño sortearán 6 vales de 50 euros para invertir no comercio local tudense. Será o peche da iniciativa “O polbo ten premio en Tui”, que comezou o 5 de febreiro. Unha xornada na que tamén haberá música con "El boludo solitario".
    A rúa Compostela estará pechada ao tráfico e non se poderá estacionar dende as 8 h até as 17 h deste domingo 15.
    Así nolo contaron Ana Núñez, concelleira de Comercio; Pepe Míguez, presidente de ACITUI; Cristina Rey, de Entrehoras; e Sindo de la Fuente, de Pulpeiros Arenteiro.
    13 min
  • Ent. Andrea Soutelo, bailarina | Admisión no Alvin Ailey American Dance Theater, en Nova York
    A bailarina tudense Andrea Soutelo será a única persoa española certificada como especialista na Técnica Horton pola Alvin Ailey American Dance Theater, en Nova York. Comezou a danzar aos 4 anos na Escola Paula Cobián, e dende os 8 tivo claro que quería ser bailarina.
    Hoxe conversamos con ela, que contou que esta compañía e escola é a única do mundo cun programa de especialización desta técnica, que require moito adestramento, coñecementos de danza e esixencia.
    11 min
  • Ent. Alberto Abal, director da Asociación Coro de Voces Graves de Vigo e do Ciclo Ai Ondas | Concerto na Catedral
    Ao abeiro do 800 aniversario da Catedral de Tui, mañá comeza no templo catedralicio o IV Ciclo de Música Ai Ondas da Asociación Coro de Voces Graves de Vigo.
    Este será o primeiro concerto das tres citas programadas en Tui por esta Asociación, e estará centrado na figura da Virxe María, tal e como explicaba hoxe Alberto Abal, director da Asociación e do Ciclo Ai Ondas.
    7 min
  • Ent. Pedro Fernández | Curso básico de manexo de móbil no Centro Sociocomunitario
    Os martes 17 e 24 deste mes, de 10 a 12 h, impartirase no Centro Sociocomunitario de Tui un curso básico de manexo de móbil. No mesmo abordarase a utilización de Whatsapp, o uso de GPS, como facer videochamadas, pedir unha cita médica, instalar aplicación, ….
    Ten un prezo de 15 € e as persoas interesadas poden inscribirse no 886 110 789.
    Deunos todo os detalles Pedro Fernández.
    4 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 12 de marzo de 2026
    Estas son as prinicpias novas que neste xoves, 12 de marzo, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A artista galega Luz Beloso é a autora do Cartel do 8M do concello de Tui e da imaxe do mercado Elas Facedoras
    - As artesáns Amalia Puga, Verónica Moar, Julia de la Cal e Mercedes Vieites, da marca Lumecú participarán este sábado ás 12 h no Espazo Socioculturla na mesa redonda “As mulleres na artesanía contemporánea galega”
    - Centros educativos de Tui e Valença participarán na segunda edición de Caixóns
    - Concerto de jazz a cargo de Christopher Pérez Quartet o venres 20 no Teatro Municipal no marco do 800 aniversario da Consagración da Catedral
    - Charla Informativa sobre Prevención de Incendios Forestais e Faixas Secundarias hoxe xoves ás 19.30 h no Centro Cultural de Randufe
    - O pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acollerá a Final 4 xuvenil de Balonmán o 28 e 29 de marzo
    - Este sábado celébrase no pavillón do IES San Paio o Master Territorial N6 de Badminton en sub 13 e sub 17
    -...
    29 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…