A Alameda de San Domingos será o escenario de tres dos eventos que forman parte da programación do IKFEM Festival Tui-Valença que se vai celebrar o próximo mes de xullo.
O primeiro será o venres 18 ás 22.30 h co concerto de James Rhodes
O sábado 19 serán dúas as propostas musicais neste espazo.
Ás 12 h, con entrada gratuíta, celebrarase o concerto do concurso ‘Novas Ondas Sonoras. Os novos talentos con idades entre os 12 e os 30 anos da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal pódense inscribir até o domingo 22.
E tamén o sábado ás 20.30 h chegará o concerto ‘Rock en Familia: I Love Rock and Roll’ con O Oso Rosendo.
As entradas están á venda en ikfem.com e ataquilla.com.