Alternativa Tudense non está a promover nin vai presentar unha moción de censura en Tui. Así quixeron deixalo claro esta mañá os seus concelleiros na corporación e membros do equipo de goberno municipal, Miguel Capón Rey, e María José González. Lembraban que xa hai un ano ao inicio do mandato o PP ofreceulles a alcaldía e o rexeitaron.
Si recoñeceron que membros do partido están a participar nas reunións convocadas polo Partido Popular provincial co obxectivo de reunificar a dereita na cidade. Explicaron nese senso que tanto Miguel Capón como Mª José González que eles coma membros do equipo de goberno decidiron por ética no tomar parte nas mesmas.