Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Francisco López e Ramón Corral da Banda de Gaitas de Guillarei - Xogos Florais
    A Banda de Gaitas de Guillarei ofrecerá fará hoxe un pasarrúas dende a casa do concello ata a praza de Frómista dentro dos actos conmemorativos do 125 aniversario dos Xogos Florais de Galicia. Logo xa na praza ofrecerán un concerto no que non faltará o himno do Antigo Reino de Galicia. Francisco López, presidente da Asoc. Lembranzas da Terra, e Ramón Corral, profesor de percusión, explicaron o bo momento que vive a banda con máis de 50 compoñentes.
    4 min
  • Ent. Alumnos do IKFEM Eurocidade
    Facemos repaso cos alumnos que pasaron durante estes cinco días polo Ikfem en Tui e Valença. Roque, Aida, Carlos e David son 4 dos 25 alumnos de entre 40 a 16 anos que pasaron polo festival.
    9 min
  • Ent. Daniel Pereira - Concerto no IKFEM
    Unha viaxe musical á Arxentina é a que nos propón esta tarde, ás 19.30h na Igrexa de San Domingos, o pianista Daniel Pereira. Co gallo do centenario do nacemento de Alberto Ginastera Daniel Pereira ofrecerá unha charla concerto achegándonos á obra e vida deste compositor que fusionou a música folclórica arxentina coa música cultura.
    6 min
  • Ent. Juan de la Rubia - Concerto de órgano no IKFEM
    Ás 22h na Catedral de Tui poderemos disfrutar dun concerto único de órgano dentro do IKFEM. Así o explicaba Juan de la Rubia, organista de La Sagrada Familia de Barcelona, quen interpertará obras de BACH e improvisacións suxeridas polo público.
    7 min
  • Ent. Andrea González e Vanesa Rodríguez - Obradoiro de Ioga no IKFEM
    ÁS 19.30h haberá un obradoiro de Ioga dentro da programación do IKFEM a cargo de Vanesa Rodríguez. Será ao aire libre a carón da Pousada de San Teotonio en Valença, aberto para quen desexe participar. Do mesmo falounos hoxe Vanesa Rodríguez, que estivo no noso estudo xunto a Andrea González, directora do festival, quen fixo un balance positivo destes primeiros días.
    9 min
  • Ent.Iván Alonso Lage, padeeiro - Desafío Brandeburgo
    O padeeiro tudense Iván Alonso Lage competirá o próximo mes de setembro no Campionato do Mundo de Maratón. Por este motivo un ano máis lanza unha campaña de apoio co lema "Desafío Brandeburgo". Coa venda de pulseira con emoticonos que reflicten os distintos estado de ánimo dos deportistas busca fondos para sufragar parte da temporada deportiva.
    9 min
  • Ent. Mª José González e Laureano Alonso, concelleiros de Tui - Celebración aniversario Xogos Florais
    O 24 de xuño de 1891 celébraronse en Tui os primeiros Xogos Florais de Galicia dos que este ano se cumpriron 125 anos. O Concello de Tui para conmemorar esta efeméride organizou un acto para este venres á tarde no que colabora a Real Academia Galega.
    As concellerías de Patrimonio, Cultura e Turismo, organizaron un programa para lembrar esta data e a súa importancia coma explicou o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.
    A concelleira de Cultura, María José González, deu conta do programa previsto que comezará ás 19.30h no salón de sesión da Casa do Concello e proseguirá na Praza de Fromista.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…