Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Jaime de las Heras, capitán da Garda Real - Camiño de Santiago
    Por terceiro ano, un grupo de membros da Garda Real dedica parte do período estival a facer o Camiño de Santiago. En total, 250 persoas, na súa maioría militares, atópanse este días facendo a peregrinaxe até Santiago de Compostela. Hoxe fixeron parada en Tui, onde permanecerán dous días, tras comezar onte en Valença. Falamos con Jaime de las Heras, capitán da Garda Real.
    10 min
  • Ent. Pepe Solla, cociñeiro galego estrela Michelín no PortAmérica
    Pero PortAmérica non soamente é musica, hai tamén unha escola de talentos e os denominados Rockcooking nos que máis de 18 chefs internacionais e 8 estrelas Michelín cociñarán os seus mellores pratos que os festivaleiros poderán probar a 3€ por tapa. Un espectáculo á vista e ao padal que estará comandado polo prestixioso cociñeiro galego Pepe Solla.
    4 min
  • Ent. Teresa Pérez - Concelleira de Cultura de Salceda - Festas do Cristo
    Salceda pecha hoxe a programación cultural do verán cunha actividade de danza levada a cabo por nais embarazada que terá lugar as 22:00 na praza do Concello e que dará paso as 22:30 ao II Festival Solidario da Canción que ten como obxectivo recadar alimentos non perecedoiros para as familias que o precisan.
    Con estas actividades, pechase o programa de verán pero ábrese a continuación a programación das Festas do Cristo que se celebran esta fin de semana. Arrancarán co tradicional Estourazo, que vai xa pola súa sétima edición, e que se levará a cabo dende o balcón da Casa da Cultura Castelao o sábado ás 22:00 horas.
    6 min
  • A programación cultural para os cativos en Tui, protagonista esta fin de semana
    Esta tarde Tui inaugura a programación cultural de verán co aceno posto nos máis cativos da casa. Ás 18:00 horas da tarde a Biblioteca Municipal situada no edificio da Área Panorámica acollerá o espectáculo “Os Bolechas van ás Olimpíadas”. Os rapaces e rapazas asistentes deberán axudar aos seis irmáns Bolechas a superaren unha serie de probas para lograr o seu pase a Río 2016. Explicábao esta mañá, Teresa Rocamonde.
    A obra é de balde e está recomendada para nenos e nenas de entre 4 a 8 anos. Tamén hoxe, a partir das 22:30 horas proxectarase de balde o filme de animación “Home: fogar doce fogar” na Praza de San Fernando. A película, estreada en 2015, segue a historia na que un extraterrestre e unha rapaza deben formar equipo para salvar o planeta. O filme foi nomeado en tres categorías dos Annie Awards que premian a excelencia no campo da animación.
    5 min
  • Ent. Miguel Somoza - “A educación e as emocións nos procesos de socialización política”
    Esta tarde no colexio dos Xesuítas na Pasaxe na Guarda terá lugar a charla – coloquio “A educación e as emocións nos procesos de socialización política”. Tratarase a importancia da formación política nos colexios españois durante os últimos anos do franquismo e os primeiros da democracia. O faladoiro será dirixido por Miguel Somoza, profesor da Universidade de Educación a Distancia.
    8 min
  • Ent. Enrique García, comandante Naval do Miño - Festividade da Virxe do Carme
    Este sábado, 16 de xullo, celébrase a festividade da Virxe do Carme, patroa dos homes do mar e da Armada. A Comandancia Naval do Miño vaino celebrar cunha misa ás 18h na Catedral oficiada polo bispo da diocese Monseñor Luís Quinteiro Fiuza seguida dunha procesión polo centro da cidade, na que a imaxe será portada por deportistas vinculados ao río, ata embarcar no Cabo Fradera e iniciar a procesión fluvial. Explicábao na nosa sintonía o comandante Naval do Miño, Enrique García.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…