Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Juanjo España e Brais Acevedo - Cursos de Vela no río Miño en Tui
    A próxima semana comezan en augas do río Miño en Tui cursos de iniciación á vela organizado polo Club de Vela Tui, Animatui e AlAgua. Juanjo España e Brais Acevedo explicaron que van dirixidos a nenos de 7 a 14 anos, serán tres días cun máximo de 5 nenos por curso. Os interesados poden acadar máis información no 667 486 633.
    7 min
  • Ent. Nieves Veiga e Patxi Pérez - Balance positivo da I Xornada Arqueolóxicas e do Patrimonio Concello de Tui
    Balance positivo da I Xornada Arqueolóxicas e do Patrimonio Concello de Tui celebradas a pasada pasada. Así o explicaron hoxe os seus directores os arqueólogos Nieves Veiga e Patxi Pérez tanto pola acollida coma polos resultados iniciais das intervencións arqueolóxicas.
    Tamén nos explicaron os resultados das intervencións realizadas. Nieves Veiga deu conta dos achádegos nas catas realizadas no exterior da igrexa. Destacaba que a necrópole se estende extramuros e máis extensa do que pensaban inicialmente.
    Patxi Pérez revisou a intervención realizada por Chamoso Lamas nos anos 70 e recuperou os restos óseo da necrópole que estaban en mal estado. Recuperaron tres cráneos así coma pezas dentais.
    Consideran que logo destas primeiras intervencións coa estensión da necrópole extramuros e a cimentación dunha antiga planta, a zona ten potencial para novas excavacións.
    11 min
  • Ent. Mª José González, concelleira de Educación - Comedor CEIP nº2
    O CEIP nº2 de Tui contará o próximo curso escolar cun comedor máis amplo no edificio anexo ao centro que ata o de agora ocupaba a sede do CRA Mestra Clara Torres.
    A Deputación concedeu ao Concello Tui 104.697,06 € para o acondicionamento deste inmoble. Así o explicou a concelleira de Ensino e Cultura de Tui, María José González, quen sinalou que debido á tramitación administrativa é posible que non se poida pór en marcha no inicio do curso pero sí no primeiro trimestre. O cambio de emprazamento do comedor obedece á ampla demanda deste servizo
    Por outra parte as vacacións estivais serán aproveitadas para acometer obras de mantemento nos distintos centros.
    5 min
  • Aprobada de xeito definitivo a modificación da ordenanza de regulamento do tráfico no conxunto hº
    Onte en pleno foi aprobada de xeito definitivo a modificación da ordenanza de regulamento do tráfico no conxunto hº de Tui. O punto contou cos únicos votos a favor do equipo de goberno e a abstención dos grupos da oposición.
    Recollemos un fragmento das intervencións de Carmen Núñez, concelleira de Patrimmonio, Antonio Fernández Rocha do PP, Carlos Vázquez Padín de C21, Manuel González de CsT, José Manuel Sousa de APTUI. e Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.
    5 min
  • Ent. Xosé Manuel Malheiro e Antonio Vara - Diálogos en Educación
    Hoxe ás 20 horas comeza a segunda edición de “Diálogos en Educación” no Colexios dos xesuítas na Pasaxe, en Camposancos, na Guarda. Coordinados polo profesor Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, da Universidade da Coruña, celebraranse os xoves ata o mes de setembro.
    Hoxe abre estas xornadas Antonio Vara Coomonte, profesor titular da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago que falará de “Educación, cuestións preliminares”.
    12 min
  • Ent. Montse Fajadro e Manuel Vázquez de la Cruz - Presentación do libro libro “Un cesto de mazás'
    Mañá ás 21.30h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica será presentado o libro “Un cesto de mazás. Memoria dás vítimas do 36 e do tempo que veu” da escritora e xornalista, Montse Fajardo. Nesta publicación recóllense 16 historias de representación durante a Guerra Civil e nos primeiros anos da ditadura. A propia Montse Fajardo falounos hoxe da súa obra.
    O acto está organizado por Levada Libre amais da autora contará coa resenza de Luís Bará, investigador da Memoria Histórica, Manuel Vázquez de la Cruz, membro de Levada Libre, e María José González, concelleira de Ensino e Cultura de Tui.
    20 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…