Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Patxi Pérez e Nieves Veiga, directores - I Xornadas de Arqueoloxía e Patrimonio do Concello de Tui
    Este sábado comezan en Tui as I Xornadas de Arqueoloxía e Patrimonio cun marcado carácter divulgativo, e que perseguen a posta en valor do patrimonio arqueolóxico tudense. Patxi Pérez e Nieves Veiga, directores da actividade deron conta dos obxectivos e do programa previsto con conferencias este sábado na Sala Félix Rodríguez, e escavacións na necrópole da igrexa de San Bartolomeu con visitas guiadas dende o luns.
    13 min
  • Ent. Joaquín González Martínez - Gaiteiro homenaxeado pola Asociación San Telmo
    Ata os 15 anos non tivo a súa primeira gaita, pero xa dende os 8 anos construía os seus propios instrumentos "de oído". Nas festas parroquiais fixo a súa primeira actuación coma gaiteiro, e logo tocaría en moitas outras incluídas as de San Telmo, onde non faltaron as anécdotas. Joaquín González Martínez, de Pexegueiro, foi homenaxeado o pasado sábado no II Concurso de Gaita e Tamboril organizado pola Asociación San Telmo como gaiteiro .
    20 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Continuidade da aula da UNED
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalaba que para Tui a Aula da UNED é un servizo irrenunciable, e amosaba a súa preocupación pola normativa que a partir do 1 de xaneiro de 2017 impediría que concellos e diputacións sufraguen os seus gastos, o que poría en entredito a súa continuidade xa que na actualidade o funcionamento destas aulas universitarias corren a cargo dos concellos.
    6 min
  • Ent. Margarita Pino, coordinadora da Aula da UNED de Tui - Continuidade da Aula
    O futuro das Aulas da UNED, entre elas a de Tui, está agora en entredito debido á Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local que a partir do 1 de xaneiro impediría que tanto concellos coma deputacións sufraguen estas aulas.
    A coordinadora da Aula da UNED de Tui, Margarita Pino, explicaba hoxe que confían que no seis meses que restan para a entrada desta medida haxa un acordo político que dalgún xeito solucione esta cuestión.
    3 min
  • Ent. Iván Lorenzo | San Xoán "is back" en Tui
    Este xoves a celebración do San Xoán estenderase dende as 11 da mañá e até máis alá da media noite en Tui. As actividades programadas no San Xoán "is back", organizadas por Lorenzo’s Events en colaboración co Concello de Tui, ActiTui e a asociación Cóxegas, dividiranse nun programa diúrno e mais outro nocturno que comezará as 22:30 da noite co concerto dos tudenses de adopción Micalips e a obrigatoria fogueira a media noite. Escoitamos ao promotor do evento, Iván Lorenzo.
    6 min
  • Ent. Suso Carrera | Asociación Conxunto Histórico
    A futura asociación do Conxunto Histórico de Tui continúa progresando tras a reunión que case unha trintena de veciños mantiveron o pasado Sábado. Do encontro, decidiuse realizar uns estatutos para o 7 de xullo e convocar unha nova reunión o 14 de xullo ás 21:00 na que se votarán os estatutos e unha xunta directiva. Esta mañá deu conta dos próximos pasos a seguir un dos promotores da asociación, Suso Carrera.
    3 min
  • Ent. María Reboreda, Centro Ser | Día Mundial do Ioga
    Hoxe, día mundial do ioga, o Centro Ser de Tui celébrao cunha xornada de portas abertas para que todos aqueles que queiran coñecer esta disciplina física e mental orixinada na India poidan facelo. A partir das 18:30, os interesados poden achegarse até o centro, sen necesidade de material e soamente con roupa cómoda, para coñecer as características do Ioga. Unhas características que explicounos polo miúdo María Reboreda.
    4 min
  • Ent. Aula Aberta Internacional de Saxofón Tui 2016
    A próxima semana, luns 27, martes 28 e mércores 29, celébrase a terceira Aula Aberta Internacional de Saxofón organizada polo Conservatorio de Tui no que participarán unha véntena de alumnos.
    Haberá dous concertos o primeiro de inauguración o luns ás 20.30h a cargo de David Brutti e Rafael Yebra na Sala Félix Rodríguez, e o segundo o mércores ás 20.30h na sala de audicións do Conservatorio a cargo dos alumnos do curso.
    Desta actividades déronnos conta Rubén López, director do Conservatorio, Jorge Vicente, coordinador da Aula, e Rafael Yebra, profesor.
    17 min
  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Visitas guiadas e outros
    Coñecer máis polo muído o conxunto histórico de Tui será posible a partir de mañá coa visitas guiadas que por segundo ano consecutivo pon en marcha o Concello de Tui a través da concellería de Turismo. O seu responsable Laureano Alonso, explicou que serán polas mañás de luns a venres ás 12.30h, e os sábados, domingos e festivos ás 13h, coa ruta da xudería e polas tardes ás 20h para percorrer o Tui medieval. Laureano Alonso deu conta tamén doutras iniciativas e datos en materia turística.
    13 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…