Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Sandra González, pta GDR14 - Presentación candidatura final
    Mañá ás 22h na Praza do Seixo terá lugar o acto de presentación da candidatura final do Grupo de Desenvolvemento Local GDR 14, que opta a xestionar entre 3 e 5 millóns de euros do Porgrama LEADER Galicia 2014-2020.
    O acto consistirá nun concerto a cargo do grupo Weli Kings, E coma acto simbólico da finalización do proceso participativo o público asistente terá a misión de facer unha solta de farolillos, que iluminará durante uns minutos o ceo de Tomiño. Contounolo Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta do GDR14.
    11 min
  • Ent. Xosé Oliveira, director do grupo O Mosteiro - Concerto na Catedral
    O grupo O Mosteiro de Pexegueiro vai ofrecer este sábado ás 20h un concertó na Catedral de Tui no que farán repaso do repertorio deste ano do grupode gaitas, o grupo de pandereteiras e cantareiras e contarán tamén con convidados sorpresa. Para este concertó elixiron a Catedral de Tui pola súa sonoridade segundo explicou Xosé Oliveira, director do grupo.
    7 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Ordenanzas que se levan ao pleno ordinario de xuño
    A aprobación definitiva da modificación de Ordenanza sobre Regulación do Tráfico no conxunto histórico de Tui e a aprobación inicial da Ordenanza Xeral reguladora do funcionamento do servizo de Conservatorio Profesional e Escola de Música Municipal de Tui son dous dos asuntos que mañá serán tratados pola corporación muncipal de Tui en pleno. Así o explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, con que abordamos tamén outros temas de índole municipal.
    10 min
  • Ent. Marina Cruces - A emoción dos Viños
    A Quinta de Santa Luzia en Valença acolle este sábado 2 e domingo 3 A Emoción dos Viños. Serán máis de 80 adegas e máis de 300 viños nun evento único e singular do que hoxe deunos todos os detalles Marina Cruces, organizadora.
    13 min
  • Ent. Nieves Iglesias - Galega no Reino Unido
    Tralo referendo en Inglaterra onde se aprobou a saída da Unión Europea hoxe quixemos coñecer cómo están a vivir os galegos a situación polo momento de incertidume. A nosa compañeira Nieves Iglesias, que leva uns anos viviendo en Londres fíxonos unha crónica destas últimas horas.
    15 min
  • Ent. Marisa Giráldez, pta Club Bádminton Tui - Xornada de Portas Abertas
    O Club Badminton Tui realiza esta tarde unha xornada de portas abertas no IES San Paio en horario de 16.30h a 19h.
    Nese horario van xogar un torneo no que animan a participar a todos os que desexen probar este deporte. Marisa Giráldez, presidenta do Club Bádminton Tui deunos conta da actividade prevista para hoxe e da situación do club.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…