Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Festa da Lagosta e outros
    A Guarda celebrará na primeira fin de semana de xullo a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, explicou que xa o ano pasado, e neste 2016 de novo mellorouse o programa para que esta sexa unha festa con maiúscula,.
    O menú que se propón é amplo, non só lagosta senón tamén outros produtos a prezos para todos os petos.
    Co alcalde guardés tamén falamos doutros temas de actualidade da vila guardesa.
    14 min
  • Ent. José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente - Punto limpo, praias, limpeza
    O punto limpo do Concello de Tui é só para uso de particulares e non de empresas. Así o explicou hoxe o concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Tui, José Martínez Tato. Deu conta tamén da limpeza das praias do Penedo en Caldelas, e de Areeiros en Guillarei, onde se instalarán baños nos próximos días. Tamén avanzou que a comezos de xullo procederán ao desbroce tanto das parroquias coma no casco urbano ao comezar nos próximos días dez persoas neste servizo. E alertou aos que vaia facer fogueiras de San Xoán, que se non contan con autorización poderán ser sancionados.
    10 min
  • Ent. Luis Corrales, xerente de EuroCKP |20º aniversario
    Este mediodía o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, visitaron as instalación da empresa de granito instalada en Tui EuroCKP co motivo do seu vinte aniversario. A compañía, especializada na transformación e comercialización de granito, celebra este aniversario cun crecemento do 50% en volume de negocio nos últimos anos até facturar 16 millóns de euros no 2015.
    11 min
  • Ent.Manuel Freiría, dtor tec. da Fed. Portuguesa de Piragüismo. - Copa Galega de Promoción de Slalom e o Cpo. Nacional P
    Esta fin de semana celébranse en augas do río, no Porto Deportivo de Tui, a Copa Galega de Promoción de Slalom e o Campionato Nacional Portugués de esperanzas de slalom de piragüismo organizados polo Club Tea e o Darque Kaiak. Haberá un centenar de participantes con idades entre os 6 e os 14 anos. Mañá sábado serán os adestramentos e o domingo a competición. Deunos todos os detalles Manuel Freiría, director técnico da Federación Portuguesa de Piragüismo.
    4 min
  • Ent. Tino Baz, cantautor guardés | Cantares do Brueiro
    Este venres 17 de xuño ás 21h, terá lugar na Casa dos Alonsos, na Praza do Reló, o Concerto presentación do Obradoiro de Canto “Cantares do Brueiro”. Esta é unha iniciativa que comezou a principios do mes de xaneiro de 2014 e na que un grupo de persoas realiza canto tradicional co obxectivo de dignificar a canción popular. Todo isto baixo a dirección do cantor e músico popular guardés Tino Baz.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…