Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Juan Pablo Valverde, director do IES San Paio de Tui
    O IES San Paio reducirá a súa oferta formativa para evitar que os alumnos teñan que elixir obrigatoriamente relixión.
    Coa aplicación da LOMCE en Bacharelato comezan a xurdir os primeiros conflitos e problemas en torno á oferta formativa dos centros. No próximo curso, os alumnos de primeiro de bacharelato deberán elixir seis horas de materias específicas. Poden escoller entra unha oferta con materias que conforman diferentes cargas lectivas até sumar esas 6 horas. O problema xurde para o alumnado que quere cursar unha de 3 horas e outra de dous, xa que se ve na obriga de elixir relixión para chegar ás 6 horas, ao ser a única materia cunha hora lectiva. Por este motivo, no instituto tudense de San Paio decidiron en claustro extraordinario non ofertar robótica o vindeiro curso xa que a súa escolla dirixía inevitablemente a este camiño. Explícao o director do centro, Juan Pablo Valverde.
    11 min
  • Ent. Conchi Sales, Antón Corral e Manuel Méndez - Certame de Gaita e Tamboril e Día da Muiñeira
    Este fin de semana dobre cita musical en Tui. O sábado celebrarase o II concurso de gaita e tamboril organizado pola asociación cultural San Telmo. 10 parellas conformadas por gaiteiro e tamborilero loitarán a partir das 20:30 na praza de San Fernando por ser os que mellor interpreten algunha das 20 pezas diferentes que soarán.
    Xa o domingo terá lugar o día da muiñeira con oito grupos, cinco deles de Tui, que recorrerán as rúas de Tui para rematar cunha actuación conxunta na corredoira a partir das nove da noite.
    18 min
  • Ent. Sindo Bargiela, Clínic de baloncesto - Campus Joe Arlauckas-Tui.
    En dúas semanas celebrarase en Tui un Clínic de baloncesto enmarcado dentro da programación do Campus Joe Arlauckas-Tui. O Clínic será impartido por cinco poñentes de recoñecido prestixio, tanto a nivel nacional como internacional, que o longo de toda a xornada disertarán sobre diversos temas entre os que destaca Zeljko Obradovic, o adestrador máis laureado na historia do baloncesto europeo, con oito Euroligas no seu currículum, actualmente adestrador do Fenerbahçe de Turquía co que vén de gañar a liga.
    12 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Balance 1 ano de goberno
    Sensacións positivas e balance aceptable é o que fixo o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do primeiro ano de goberno. Destacaba que co funcionamento do goberno e da corporación se está dando un exemplo de como se pode gobernar dende a pluralidade, polo que agradecía ao conxunto da corporación a súa colaboración.
    28 min
  • Ent.Manuel González de CsT - Balance 1 dende as eleccións
    Manuel González Vázquez, voceiro de Ciudadanos Tudenses, convidaba aos cidadáns a facer o balance dos doce meses transcorridos dende as eleccións, pero dicía que no seu parecer Tui segue estándo triste, e non cambiou nada, e criticaba a falla de limpeza e de desbroce.
    Salientaba que hai obras que se están executando, como a senda entre a rúa Olímpicos Tudenses e a ponte internacional, entre outras que son proxectos do anterior goberno.
    En canto ao seu traballo na oposición, indicaba que é totalmente diferente a estar no goberno. Salientaba o labor que están a facer para colaborar cos cidadáns.
    Por ultimo consideraba que nestes momento é máis urxente o aparcamenteo municipal que a apertura da rúa Ourense.
    23 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…