Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño - Baixo Miño
    Este domingo celebrase en Tomiño o oitavo xantar solidario organizado por SOS Tomiño Baixo Miño. A cita busca agradecer o traballo dos preto de 60 voluntarios que dedican o seu tempo a asociación a vez que se pretende mercar alimentos cos ingresos da recadación. Explicábao esta mañá o presidente da entidade, José Quinteiro.
    8 min
  • Ent. Jesús González, xerente de Utingal - Premio Idea Empresa 4.0
    A empresa Utingal, emprazada no Parque Empresarial de Areas, recibiu onte da Xunta de Galicia o premio Idea Empresa 4.0. O xerente de Utingal, Jesús González, explicaba este recoñecemento e en qué consiste o seu proxecto.
    Dende o pasado mes de setembro Utingal conta con novas instalacións nunha nave de 4 mil metros cadrados nas que traballan 60 persoas.
    17 min
  • Ent. Fernando Ferreira, presidente da Asociación de Pescadores do Miño
    Tras a reunión a semana pasada da Comisión Permanente Internacional do Río Miño, que entre outros asuntos acordou reducir o prezo das licencias de pesca profesional preto dun 50%, o presidente da Asociación de Pescadores do Miño, Fernando Ferreira, fixo balance dos acordos levados a cabo, que considerou positivos, pero lamentou que deban ser tomados por unanimidade e non por maioría, impedido así realizar cambios se algunha das organizacións involucradas, aínda que minoritaria, se nega.
    21 min
  • Ent. Enrique García, Comandante Naval do Miño
    Onte reuniuse a Comisión Permanente Internacional do Río Miño, que é o seu máximo organismo de control e coordinación. O Comandante Naval do Miño, Enrique García, quixo facer fincapé nas boas relacións entre as autoridades a ámbalas beiras do Miño e explicou os acordos e decisión que se tomaron na reunión, entre as que se atopa a redución do custe das licencias de pesca profesional preto dun 50 por cento.
    15 min
  • Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Balance 1 ano dende as eleccións municipais
    Proseguimos esta mañá coa rolda de conversas na que os voceiros dos grupos da corporación municipal fan balance do primeiro ano trancorrido dende as eleccións municipais. O voceiro de C21, Carlos Vázquez Padín, sinalaba que non están moi lonxe de terse arrependido de ter apoiao do goberno no pleno de investidura porque non houbo polo momento por parte do goberno unha mostra de man tendida cara eles. Consideran que hai un ano terían que ter posto algunha condición. Sobre o balance do seu propio traballo explicaba que están traballando máis polo feito de ser dous concelleiros e considera que están liderando a oposición. Puntaba o seu traballo cun 8 na escala de 1 a 10.
    22 min
  • Ent. Juan Carlos Blanco, Acitui e Iván Lorenzo, festa de San Xoán
    Finalmente este sábado celebrarase a I Festa do Peregrino de Tui, prevista inicialmente para a fin de semana pasada e adiada polo mal tempo. Deste xeito, na área de autocaravanas na rúa Martínez Padín, ao carón da Ponte Tripes, AciTui organizará esta festa na honra da figura do peregrino. Adiantamos tamén os actos para a festa de San Xoán.
    8 min
  • Ent. Silvia Rodríguez, asociación cultural Senraia
    O panorama cultural da comarca vén de recibir un novo actor social. Este domingo presentase en sociedade a asociación Sen Raia no mercado de Tomiño. Nace sen sede física e disposta a colaborar a ámbalas dúas beiras do Miño na promoción cultural con tódolos axentes sociais.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…