Esta fin de semana celébrase a cuarta edición do Triatlón Tui-Porriño. Con saída dende Tui, os participantes chegarán a O Porriño. Unha edición que este ano espera chegar ao límite máximo de 350 atletas. Contábanolo o concelleiro de deportes do Porriño, Manuel Carrera, que apuntaba ademais, a importancia das actividades deportivas para a mocidade.