Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. José Manuel Sousa de APTUI - Balance 1 ano
    José Manuel Sousa, voceiro de APTUI, fixo balance hoxe do primeiro ano transcorrido dende as eleccións municipais, salientando que estes primeiros doce meses dan para comezar o traballo e plantexar temas para o mandato. Nese senso indicaba que neste goberno os pasos dados foron tímidos, e o xustificaba polo feito de ser un goberno cuadripartito. Lamentaba o mal estado de limpeza das parroquias, e que non estean mellor acondicionados as fincas habilitadas coma estacionamento. Aínda que tamén dicía que lles hai que dar un marxe de confianza dun ano máis para facer un balance maior.
    16 min
  • Ent. Miguel Capón Rey, voceiro de Alternativa Tudense - Balance dun ano de mandato
    Inda que é partidario de facer balance no final dos 4 anos de mandato, xa que considera que 1 ano non é moito tempo Miguel Capón, voceiro de Alternativa Tudense, facía destes 12 meses un balance positivo por cuestións que cambiaron sobre todo nas formas.
    Como concelleiro da Eurocidade sinalaba que no eido cultural e deportivo a colaboración é total, e se está ampliando a outros campos coma o turístico. Avanzaba que están a traballar na emisión dun selo da Eurocidade tanto en Portugal como en España, no carné de eurocidadán,.. así coma en dotar á Eurocidade de personalidade xurídica coa constitución dunha AECT.
    19 min
  • Ent. José Martínez Tato | Andaina polas Fragas e Levadas do Calvo e Deva na Cañiza
    O Club deportivo Andatui Regodapedra organiza este domingo unha andaina polas Fragas e Levadas do Calvo e Deva, na Cañiza. A Andaina, que sae da área de Tui para visitar o que dende Andatui consideran como unha das rotas máis fermosas de Galicia, percorrerá unha distancia aproximada aos 15 quilómetros nun tempo estimado de catro horas. Explica a actividade o representante de Andatui, José Martínez Tato.
    8 min
  • Ent. Margarita Pino, coordinadora Aula da UNED de Tui - Campamento de Inglés
    A aula da UNED de Tui organiza un Campamento de Inglés enTui que se vai celebrar do 27 de xuño ao 8 de xullo dirixido a nenos de 10 a 14 anos. Margarita Pino, coordinadora da Aula deunos conta dos detalles. Ten un prezo de 190 euros para os empadroados en Tui – ao estar subvencionado polo Concello – e de 240€ para os non empadroados na cidade.
    A inscrición pode facerse na Aula da UNED no antigo convento de Santo Domingo ou en www.unedpontevedra.es ata o 10 de xuño. Ofértanse 20 prazas. Tamén deu conta doutras actividades a desenvolver na Aula tudense.
    15 min
  • Ent. Teresa Domínguez, dtora do CRA Mestra Clara Torres - Balance Xornadas Educar para Protexer
    Éxito das xornadas Educar para Protexer celebradas os últimos xoves de mes dende febreiro organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres. A directora do CRA, Teresa Domínguez, salientou o éxito das mesma e a boa resposta por parte dos pais.
    Está xa traballando en novas xornadas para o próximo curso escolar, novos temas propostos polos propios pais, coma poden ser as reválidas. Tamén deu conta do Mercado de Libros que van realizar o xoves día 9.
    10 min
  • Ent. Manuel Rosende, profesor IES Indalecio Pérez - Homenaxe Indalecio Pérez
    O Teatro Municipal de Tui acolle esta mañá unha homenaxe a Indalecio Pérez Tizón, cando se cumpren cinco anos do seu pasamento. A comunidade educativa do instituto no que foi profesor, e hoxe leva o seu nome, preparou distintos actos dos que daba conta o profesor Manuel Rosende. Nos mesmo participarán ex alumnos como o guitarrista Samuel Diz, que presenta o seu álbum, a directora da premiada curtametraxe Aurelia, Milena Martínez ou a ex alumna Laura Villaverde, que dirixirá a comedia “crónicas dun café”. Tamén haberá actuacións de pandereteiras e gaitas, ballet, proxección de vídeos e recitais de poesía. A gala terá lugar entre as 11.45h e as 13h.
    7 min
  • Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda - Retómanse as labores de busca no Miño
    Retomáronse ás 9h as labores de búsqueda no Miño de David Fernández Suárez, coñecido como Michi, veciño de Salceda desaparecido o pasado venres. Por terra, auga e aire prosegue o operativo nesta xornada. Onte remataron a súa labor os mergulladores tras peinar unha milla en augas do Miño. Así o explicou o alcalde de Salceda, Marcos Besada., quen facía un chamamento a extremar as precaucións a aqueles que colaboren na búsqueda nas beiras do río.
    6 min
  • Entr. Marcos Besada, alcalde de Salceda - Labores de busca de David Fernández Suárez no río Miño
    Esta mañá retomáronse os traballos de busca do músico salcedense David Fernández Suárez, coñecido como Michi, que desapareceu na noite do sábado tras tocar nunha festa coa súa charanga “Os trouserghas” en Lapela, no concello de Monçao.
    O trombón do músico e mailas súas chaves xa foran atopados nas beiras do río Miño, onde se centran agora os traballo. O operativo, composto por vinte mergulladores, retomase hoxe tras suspenderse na noite de onte. Explícao o alcalde de Salceda, Marcos Besada.
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…