Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Manuel Carrera, concelleiro de Deportes do Porriño e Julio Bernárdez, técnico deportivo
    Este domingo trinta e dous equipos disputarán o Campionato de España de Baloncesto Infantil Feminino. A cita, compartida entre Tui e O Porriño comezará o domingo e rematará o vindeiro 18. Tui albergará partidos este domingo 12, o luns 13 e o martes 14, ás 10.00, 12.00, 16.00 e 18.00 horas. Falamos con Manuel Carrera, concelleiro de Deportes do Porriño, e Julio Bernárdez, técnico do concello da Louriña.
    11 min
  • Ent. Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui- Thermalia - V Eurocidade 10
    Este domingo ás 11h sairá do Paseo da Corredoira a V Eurocidade 10 organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia e Eurocidade Tui-Valença. Inscribíronse 420 atletas que completarán os 10 quilómetros de percorrido que os levaran ata Valença e de regreso ao Paseo da Corredoira. O presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez, explicaba que está todo preparado para este domingo.
    4 min
  • Tui acollerá do 4 ao 8 de xullo o Campus da Fundación Celta de Vigo
    As instalacións deportivas Álvarez Durán acollerá do 4 ao 8 de xullo o Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo en colaboración co Concello de Tui e o Tyde F.C. Vai dirixido a rapazas e rapaces de 4 a 16 anos que teñen ata o 1 de xullo para facer a inscrición na web http://www.fundacioncelta.com/. O prezo é de 130€ e de 115 para os xogadores do Tyde F.C. Hoxe o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o presidente do Tyde F.C., Elias Vieiro, o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta e o responsable das escolas do Celta en Galicia, Diego García, presentaron esta actividade deportiva.
    5 min
  • Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG Tui - Balance 1 ano de mandato
    Positivo é o balance que fai deste case ano de goberno a voceira do BNG e concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez. Recoñecía iso si a situación delicada o concello pola falla de persoal, pese ao que lograron sacar adiante temas que levaban anos pendentes. Sobre o funcionamento do goberno cuadripartito destacaba que teñen en común a idea do que ten que ser Tui.
    22 min
  • Ent. Sara Fernández e María Luisa Mondolfi, curso de dramaterapia en Tui
    O teatro como ferramenta terapéutica e de cambio nas nosas actitudes. Esta é a proposta da UNED de Tui co curso de dramaterapia que se impartirá a próxima semana na cidade. Dirixido a profesionais do eido da educación, a saúde ou o traballo social, pero tamén a estudantes, a intérprete Sara Fernández e a pisóloga María Luisa Mondolfi impartirán este curso de 25 horas lectivas.
    7 min
  • Ent. Laureano Alonso, voceiro Son de Tui - Balance 1 ano dende as eleccións
    Balance positivo dos 12 meses transcorrido dende as eleccións municipais é o que realiza o concelleiro de Son de Tui e membro do goberno cuadripartito, Laureano Alonso, a falla de obras pendentes que están a piques de comezar, co que o balance dicía sería moi positivo.
    Salientaba que o Concello de Tui é un exemplo de cómo catro grupos políticos poden convivir e xestionar un concello. Lamentaba por outra parte na carencia de persoal que ten agora o concello, o que está a limitar e ralentizar o traballo diario. Fixo tamén balance dos seus departamentos de Deportes, Turismo e Servizos Sociais.
    24 min
  • Entr. Sandra González, alcaldesa de Tomiño.
    A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deu hoxe conta na Radio Municipal de Tui do Seminario “Cidade dos Nenos” celebrado a pasada semana en Granada e no que participou tomiño amais de 10 concellos da provincia e a Deputación de Pontevedra. Falou tamén dos investimentos en saneamento, da nova biblioteca municipal e mais do novo imposto que quere poñer en marcha o Concello.
    19 min
  • Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda - Pleno orzamentos e expediente de recoñecemento de crédito
    O proxecto dos orzamentos de 2016 de Salceda foron rexeitados onte en pleno cos votos en contra do PP e do PSOE. O alcalde de Salceda, Marcos Besada, anuncia que en xunta local de goberno aprobarán mañá ás contas, e no pleno ordinario do 27 deste mes volverán levar o expediente de recoñecemento de créditos para realizar o pago a proveedores. O rexedor de Movemento Salceda foi moi crítico coa oposición.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…