Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Encarnación Sueiro, psicóloga - Xornada Educar para protexer
    Mañá ás 18h a Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acollerá a charla “Educación sexual e a educación en igualdade” a cargo de Encarnación Sueiro Domínguez, doutora en psicoloxía e licenciada en pedagoxía, e psicóloga clínica do Centro de Orientación Familiar “Nóvoa Santos” do SERGAS
    12 min
  • Ent. Briano Lago e Manuel Román - Can de Palleiro
    O grupo tomiñés Can de Palleiro que vén de presentar o seu primeiro disco de estudo. Así, co obxectivo de actualizar o son da música tradicional galega e divulgala dende unha nova perspectiva naceu Agharra a pata, conta con temas propios do grupo amais de cancións tradicionais que foron adaptadas aos novos tempos. Unha música feita para divertirse, en palabras dos membros do grupo.
    24 min
  • Ent. Antonio Fernández Rocha, voceiro PP - Balance 1 anos dende as eleccións municipais
    O voceiro do PP na corporación municipal de Tui, Antonio Fernández Rocha, fixo balance do ano transcorrido dende as eleccións municipais e sinalaba que ata o de agora non ve froitos deste case ano de xestión do novo goberno.
    Sobre a modificación de créditos para a apertura da rúa Ourense, que se leva este xoves a pleno co proxecto que él fixera en 2011 actualizado, avanzaba que no futuro tentaran que se fagan melloras e o voto a favor do seu grupo.
    En canto ao traballo do seu grupo dicía que teñen que acostumarse a ser oposición e hai que ser oposición leal e pensando en Tui. Falou tamén das que consideran son prioridades para Tui e da situación do partido en Tui.
    24 min
  • Ent. Juan Carlos Blanco, Pte. Acitui - Festa do Peregrino
    Acitui organiza este sábado a I Festa do Peregrino na que se venderán productos de artesanía e gastronomía local, amais de contar con actividades para os máis pequenos e a actuación do grupo de gaitas do Conservatorio de Tui. Comezará as 12 da mañá no parque a carón da Ponte Tripes en Tui.
    9 min
  • Entr. Alberto Estévez Piña, cineasta tudense galardoado no Festival Internacional de Cine de Vigo
    O cineasta tudense Alberto Estevez Piña é, xunto con Rogelio Amigo, o director homenaxeado polo Festival Internacional de Cine de Vigo que se celebrará dende este xoves e até o domingo 29 de maio. Estevez Piña recibe así o recoñecemento polas súas obras documentais “Romería da morte”, unha reportaxe sobre a Romería de Santa Marta de Ribarteme, no Concello das Neves, e “Después del silencio”, documental sobre as eleccións lexislativas de 1977. O cineasta quixo agradecer esta mañá o recoñecemento.
    15 min
  • Ent. Ramón Mtnez, Susi Pérez e Santi Rodríguez - Festa da Árbore e Xornadas de Portas Abertas do Randufe Futsal
    Este sábado celébrase, tras ter que adiarse en dúas ocasións pola choiva, a I festa da árbore organizada polas Comunidades de Montes de Randufe, Areas, Malvas e Pexegueiro.
    A cita será ao longo de todo o día na área recreativa de Chans en Randufe. Ramón Martínez Ramos, Susi Pérez déronos conta hoxe do previsto. Tamén falamos con Santi Rodríguez, novo adestrador do Randufe Futsal da xornada de portas abertas que realizan dende mañá martes no pavillón de Randufe.
    2 min
  • Ent. Rubén López, director do conservatorio de Tui
    A igrexa de San Domingos de Tui acollerá mañá martes ás oito da tarde un concerto organizado polo conservatorio de Tui. Na actuación interpretaranse pezas musicais de carácter barroco por parte do Conservatorio de Tui e mais da Escola da Música. Un concerto que Rubén López anunciou como punto de partida para a instauración dunha orquestra no municipio.
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…