Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Mila González |Alfombras Corpus Tui
    Co gallo da celebración do Corpus o vindeiro 29 de maio, falamos coa catequista Mila González, quen chamou a participar na preparación e leaboración das alfombras florais co obxectivo de recuperar esta tradición en Tui.
    8 min
  • Ent. Pablo Cabaleiro, xefe de servizo da Consellería de Medio Ambiente
    O pasado mércores a Consellería de Medio Ambiente levou a cabo a solta de 3.500 alevíns de salmónidos no río Miño, nunha traballo en colaboración coa Comandancia Naval do Miño e a Policía Marítima Portuguesa. A solta dos alevíns, criados en piscifactoría, ten como obxectivo a recuperación do salmón atlántico, unha especie cun alto grao de ameaza. Falamos con Pablo Cabaleiro, Xefe de Servizo da Consellería de Medio Ambiente.
    8 min
  • Ent. Marcos González, colaborador da organización - XV Romaría do Cabalo
    Esta fin de semana entre Ribadelouro, en Tui e Pontella no Porriño, no recinto da pista de aeromodelismo, celébrase a XV Romaría do Cabalo. Trátase do maior evento rural que se celebra en Galicia no mundo da equitación segundo explicou hoxe Marcos González, colaborador da organización que corre a cargo da Peña Cabalar Valle do Louro. Detallou o programa a celebrar e os espectáculos previstos para o domingo.
    14 min
  • Ent. Enrique García, comandante Naval do Miño - Xornada de Portas Abertas
    A Comandancia Naval do Miño realiza mañá sábado, 21 de maio, e o próximo sábado 28, unhas xornadas de portas abertas co gallo do Día das Forzas Armadas. Será en horario de 11 a 14h e de 16 a 20h. Enrique García, comandante Naval do Miño, explicaba que o obxectivo é dar a coñecer o traballo que realizan, haberá unha exposición de artes de pesca, a proxección dun vídeo coas actividades da Comandancia e do Fradera, e tamén se poderá subir a bordo do patrulleiro.
    7 min
  • Ent. Alberto Covelo, coordinador Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación - Clausura das Escolas en Tui
    Este domingo, 22 de maio, a partir das 12h, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, terá lugar o acto de clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación no que van participar 1000 patinadores. Este é o cuarto ano en que Tui acolle este acto de clausura ao ser a tudense a escola máis numerosa da provincia. Deste evento falamos con Alberto Covelo, coordinador Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación.
    4 min
  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Deportes e Turismo - Actividade deportiva e balance
    O concelleiro de Deportes e Turismo de Tui, Laureano Alonso, deu conta esta mañá na nosa sintonía dos eventos deportivos previstos para esta fin de semana en Tui con citas coma a clausura das Escolas de Patinaxe, o Big Ride Eurodidade, a Romaría Cabalar ou o posible ascenso do Caldelas. Deu conta amais da repercusión positiva que eventos positivos coma o Big Ride ou o Rallie Eurocidade teñen na cidade con ocupación hostaleira case ao 100% esta fin de semana e máis de 30 mil euros xerados na hostalería polo rallie. Tamén fixo balance da Feira de Antigüidades do pasado martes. Amais fixo un avance de cómo se presenta a temporada de verán na cidade.
    13 min
  • Ent. Jorge Pacheco - voceiro da Asociación A Jalleira
    Este sábado 21 de maio celebraranse na Casa da Cultura de Tomiño as II Xornadas Forestais do Baixo Miño. A cita, organizada pola Asociación A Jalleira, busca sensibilizar á poboación sobre a importancia do coidado do monte e por en común a labor levada a cabo por distintas comunidades de montes da comarca.
    As xornadas comezarán as catro da tarde do sábado coa charla “Comunidade de Montes do Rosal, 25 anos de Xestión Forestal”. As cinco, afondarase nas problematicas que xurden en torno a xestión do monte coa conferencia “Usos e abusos do monte”. As 18:30 exporase o exitoso caso do bosque de Ridimoas, conxunto forestal adquirido progresivamente na comarca do Ribeiro. Xa as 19:30 terá lugar unha mesa redonda e a clausura das xornadas.
    7 min
  • Ent. Noela Álvarez e Elsa Vázquez do IES A Sangriña da Guarda gañadoras do Rallie Matemático Europeo
    Un grupo de alumnos de 1º e 4º da ESO do IES A Sangriña da Guarda ven de proclamarse campión do Rally matemático europeo celebrado na Universidade Paul Sabatier de Tolouse en Francia. Nomeadamente, Raquel, Álvaro, Carlos, David, Diego, Miguel e Noela venceron na categoría de 1º da ESO e Elsa, María, Diego, Gabriel, Manuel Ángel, Miguel, Néstor e Santiago, fixeron o propio entre o alumnado de cuarto.
    7 min
  • Conexión especial coas actividades de "Tui Le" na Praza de San Fernando
    Esta mañá os rapaces dos colexios e institutos de Tui participaron na sétima edición de “Tui le” na que se deron cita preto de 700 alumnos e 40 profesores. Esta actividade, organizada polas bibliotecas escolares xunto co Concello de Tui, ten por obxectivo facer visible o traballo que sobre o libro e a lectura faise ao longo do ano nos 11 centros educativos da cidade, amais de achegar dun xeito diferente a literatura galega aos mais cativos. Falamos co organizador desta sétima edición do Tui Le, Xosé María Lores, e con metres e alumnos participantes.
    11 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…