O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, en dobre función ás 17.30h e ás 19h, a representación da obra de teatro para bebés "Zapatos" da man de Caramuxo Teatro. Laura Sarasola é a actriz que estará sobre o escenario, e hoxe falounos deste espectáculo.
As entradas teñen un prezo de 3€ e 2€. Están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres no despacho de billetes dende as 16:45h e ata ás 17:30h para a función das 17.30h; e de 18:15h a 19:00h para a función das 19h.