Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Guti Martín de Sherpa Project - Big Ride Eurocidade
    Máis de 200 corredores daranse cita esta fin de semana na Eurocidade Tui-Valença, no Big Ride, Open de España de Enduro, que se disputará con catro tramos no Monte Aloia e no Monte Faro. Figuras destacadas a nivel nacional e internacional competirán pola vitoria. O paddock e a meta estarán situados na Macoca, no Aloia. Guti Martin, de Sherpa Project organizadores do evento, deunos conta de todos os detalles.
    8 min
  • Ent. Pedro Tapias, piloto participante no II Rallie da Eurocidade
    Pedro Tapias é un dos cen pilotos que participa no II Rallie da Eurocidade. Farao cun Mitsubishi buscando estar o máis arriba posible na clasificación. Hoxe contounos que ten todo preparado e falounos tamén do percorrido desta proba. O seu obxectivo é rematar o rallie e facelo entre os vinte primeiros.
    5 min
  • Ent. Javier Sánchez de Team Relay - III Desafío Terras de Turonio
    300 deportistas danse cita este domingo no III Desafío Terras de Turonio de BTT organizado pola firma Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño.
    A Praza do Seixo será o punto de saída e meta, desde o cal os ciclistas deberán afrontar un trazado de 110 quilómetros. Javier Sánchez forma parte da organización deste evento deportivo.
    7 min
  • Ent. María José Glez, concelleira de Ensino e Cultura de Tui - XIX Feira do Libro Galego
    O Paseo da Corredoira acollerá o próximo martes, 17 de maio, Día das Letra Galegas a XIX Feira do Libro Galego. Ás tres librarías tudenses, Iris, Espazo Lector Nobel e Valverde, montarán 22 postos de libros en galego cun 10% de desconto. A inauguración será ás 12h e dende entón haberá un amplo programa de actividades que hoxe detallaba a concelleira de Ensino e Cultura, María José González.
    8 min
  • Ent. José Martínez Tato de AndaTui - XIII Andaina Solidaria Tudense
    Hoxe pecha o prazo de inscrición para a XIII Andaina Solidaria Tudense que se vai celebrar este sábado. Lembramos que fará un percorrido aproximado de 26 quilómetros. Sairá ás 10.30h dende o Centro Interfederado para subir por Frinxo ata o cumio do Parque Natural do Monte Aloia, onde está previsto o xantar. Pola tarde retomarán a camiñada, pasando polo Alto do Coello, para regresar ao punto de partida onde haberá carreira de aros e chouriza. José Martínez Tato, membro da organización explicaba que teñen xa 150 inscritos, pero agardan moitos máis. Os interesados teñen ata ás doce da noite para anotarse.
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…