Unha historia alternativa da emigración galega é a que conta a obra “Balor na acción dunha cadeira” que mañá ás 21h representa no Teatro Municipal de Tui Artesacia.
A obra está dirixida por Roi Fernández, que tamén forma parte do elenco xunto a Laura Villaverde, e Simón Piñón. Os tres falaron hoxe da obra no programa Día a Día. As entradas están á venda en www.culturatui.info ata mañá venres ás 12h e mañá dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.